maio de 2011
 
 

02/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

O IPC dispárase até o 3,8%

Por si non fose pouco o imparable incremento do paro os outros indicadores tampouco favorecen que sexa máis levadeira a precariedade e o incremento dos índices de pobreza. O Índice de Prezos de Consumo (IPC) situou en abril a súa taxa anual no 3,8%, dúas décimas máis que no mes anterior, debido, principalmente, á subida dos alimentos.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Con este reponte, a taxa anual do IPC alcanza o seu valor máis elevado desde setembro de 2008, mes no que se situou no 4,5%. O incremento do cru elevou os prezos desde principios de ano, cunha subida do 3,3% en xaneiro e do 3,6% en febreiro e marzo.

Pola súa banda, o Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCA) alcanzou o pasado mes de abril o 3,5%, dúas décimas máis que en marzo.

O INE iniciou a difusión do indicador adiantado do IPC tras introducir unha serie de cambios no IPC harmonizado, que farán que as diferenzas entre ambos, antes mínimas, se acentúen.

Como consecuencia dun regulamento europeo de obrigado cumprimento, os IPCA dos países europeos darán un tratamento común aos produtos considerados estacionais, entre os que se inclúen o peixe, as froitas e verduras frescas e o vestido e o calzado.

As consecuencias da aplicación deste regulamento europeo no cálculo do IPCA serán, por unha banda, as maiores oscilacións de prezos e, por outro, a ruptura na serie histórica.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript