maio de 2011
 
 

02/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Alumnos da FCDEF concéntranse na Reitoría contra a diminución do PAS da conserxería

No correo que enviaron á comunidade universitaria do centro sinalan:

Os alumnos da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de Bastiagueiro (INEF) concentráronse ante o Reitorado da Universidade da Coruña para esixir o cumprimento dos dereitos que lles son recoñecidos polo Claustro Universitario.

A manifestación secundouse por representantes do profesorado, o PAS e d Presidente del Comité de Empresa.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

A manifestación levou a cabo co apoio de representantes do profesorado, o persoal de servizos da Facultade e máis dun centenar de alumnos alarmados polo futuro que lles espera na institución formativa.

Tras a lectura do manifesto, os estudantes foron recibidos pola o Secretario do Reitorado, e a Xerente da UDC.

Os argumentos esgrimidos pola administración universitaria trataron de desacreditar a realidade que viven os alumnos na facultade de ciencias do deporte e a educación física, non hai persoal suficiente para abrir todas as instalacións e impartir a docencia pola que pagan alumnos e contribuíntes.

O equipo rectoral finalmente recoñeceu que a Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física require unhas necesidades maiores de persoal. En cambio, as solucións achegadas pola administración universitaria implican unha desatención das instalacións deixándoas abertas sen control durante toda a xornada.
 
É curioso que se fale de falta de diñeiro por parte da administración cando se abren centros de interpretación con persoal fixo. Os alumnos invitaron ao reitorado a tratar de vivir un día como conserxe que ten que abrir as aulas e instalacións necesarias á vez que comezas as clases.
 
Os alumnos do INEF néganse a continuar sen solucións válidas e esixen o incremento de persoal para o correcto funcionamento do centro.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript