A Central Unitaria de
Traballadores/as prepara dúas manifestacións para este 1º de maio, unha
na cidade de A Coruña, que partirá dende a Praza de Pontevedra ás 12
horas, e cuxas rúas xa están decoradas, e outra dende Vigo, que sairá ás
11 horas dende a Praza de Fdo. O Católico. En ambas as dúas iremos
conxuntamente coa CGT.
Este último ano foi especialmente duro para a clase traballadora galega,
que ao aumento da precariedade laboral tivo que sumar a politica
represiva das forzas e corpos de represión do Estado. Este motivo é o
que leva a que o lema principal da nosa campaña sexa "CONTRA A
CRIMINALIZACIÓN DA CLASE OBREIRA" ao que engadimos o subtítulo de
NON AO
PACTO SOCIAL.
Unha vez máis chamamos á clase obreira galega a sumarse ás mobilizacións
convocadas, a rúa ten que ser nosa.
Recentemente informamos da resolución do Conflito Colectivo presentado pola UGT contra o desconto do 5% no salario do
persoal laboral.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, entende que á lugar ao
recurso interposto pola UDC fundamentado, esencialmente, en alegar que
existe ou concorre a excepción de cousa xulgada (que basicamente ven a
significar que a pretensión que nós facemos xa foi obxecto de
enxuizamento e sentencia), por coincidir co da UGT.
Advertidos da posibilidade que, de continuar co Conflito, lle puidese
parecer ao tribunal unha reclamación temeraria, infundada ou caprichosa
(o que podería representar a imposición de multas previstas en lei)
decidimos non proseguir coa denuncia.
O lugar web Versão Original (http://www.udc.es/dep/lx/cac/vo)
oferece a gravação da palestra de Mário Herrero "Os discursos sobre a
normalização linguística (sobre nacionalismos e língua)" (http://www.udc.es/dep/lx/cac/vo/20020515L/index.htm
) e o interessante debate posterior sobre língua, cultura e política. O
ato foi organizado pola associação de estudantes AGIR na Faculdade de
Filologia da Universidade da Corunha.
O link para ouvir diretamente a palestra é
aqui.
Reproduzimos na íntegra o conteúdo do documento, que, Telmo e Miguel presos em cadeias espanholas desde os passados meses de dezembro e março, respetivamente; tentam combater a desinformaçom e oferecer a sua versom dos factos repressivos que os conduzírom a prisom sem acusaçons nem provas concretas.
O accidente nuclear afunde a imaxe de Xapón como país tecnolóxico. Os expertos recoñecen unha mestura de neglixencia e exceso de confianza nos mecanismos de seguridade, por parte do Goberno e da empresa que xestiona a central afectada polo tsunami
O
estado español ven de prorrogar a súa presenza na guerra que o
capitalismo imperialista está a desenvolver no territorio de Libia.
Neste caso non se repara en gastos. Cada mísil que os aliados disparan
contra o pobo de Libia custa unha media de 1,4 millóns de dólares. Só o
primeiro día da guerra custou “moito
máis de 100 millóns de dólares”. As vidas de civís, coma sempre, son
un dano colateral imposible de cuantificar.
Un servizo até agora socializado, entendendo como tal que chega á maioría dos cidadáns do estado, independentemente do seu poder adquisitivo, con estas políticas privatizadoras acabará por poderse utilizar só polos que poidan pagalo, perdendo ese carácter social do que falabamos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript