abril de 2011
 
 

18/04/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

O estado español non será rescatado, está séndoo

Cal mantra, dende os mesmos medios de desinformación masiva que dicían que no estado español non había crise, repítese agora que "España non necesita rescate", "España non necesita rescate", "España non necesita rescate". Din que un déficit superior ao 9%, un desemprego do 20%, un consumo conxelado, o Euribor subindo novamente e os bancos sen poder transmitir liquidez dado que necesitan usar o diñeiro público para mellorar os seus balances, non son motivos abondo para acudir ao rescate.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os que difunden o soniquete sosteñen que é debido a que se aplicaron as reformas oportunas e ameazan que, para non ter necesidade de pedir axuda ao FMI ou ao BCE, hai que afondar nas reformas. É obvio que cando eles din "reformas" o usan como un eufemismo, evitan así dicir que fai falta continuar con políticas contra os traballadores. Ás rebaixas de soldos, de pensións, aumento de prezos dos produtos básicos... considéraselles reformas necesarias, porque a receita é a que é, non hai outra.

Quizais ese sexa o gran triunfo do neoliberalismo, vender con éxito, e coa complicidade dos sindicatos maioritarios, que non hai outra alternativa. Que nacionalizar bancos, expropiar empresas para facer un sector público poderoso e determinante, o decrecemento ou o boicot ao consumo non son plans nin ideas para sustentar a modernidade. No fondo non fan outra cousa que asumir o soño eterno da xenerosidade do capitalismo, isto é, que se permita enriquecerse a algúns e que o resto teña unha vida digna (que coma todos os días e que poida comprarse un coche). Os facedores desta ideoloxía son os mesmos que apoian as guerras imperialistas para conseguir materias primas que fagan posibles que as contas cadren e poder botar a pelota para adiante, ata o seguinte presuposto. Eles din que non fai falta o rescate, ocultan que está a ser rescatada todos os días.

Xurxo López

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript