abril de 2011
 
 

18/04/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Outra lección do pobo islandés

A pesar das presións brutais feitas a favor do "Si", con ameazas de toda especie por parte da Unión Europea, do FMI, das axencias de clasificación, dos gobernos británico e holandés e dos políticos locais que dominan o parlamento e cociñaran un acordo como o "menos malo" que o anterior (rexeitado nun primeiro referendo), o pobo islandés soubo ver onde estaban os seus verdadeiros intereses.

 

  • Noticias relacionadas

 

Trátase de unha vitoria memorábel que ficará rexistrada na historia económica mundial.

No referendo de 9 de Abril de 2011 o pobo islandés deu unha magnífica proba de lucidez, consciencia e civismo ao votar "Non" ao pagamento das débedas dos banqueiros corruptos.

Débese recoñecer a dignidade e coraxe do Presidente da República de Islandia, que soubo enfrontarse ás presións a favor do acordo cociñado polo parlamento e esixiu a súa ratificación en referendo popular.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript