Número 79 - 18 de abril de 2011
 
 
UNIVERSIDADE

    O pasado luns, día 11, enviamos a través de listas PAS a convocatoria e documentación da sesión do Consello de Goberno do día 14. Funcionou a censura, o correo non chegou a ninguén.

    Partindo da base que entendemos que hai partes da documentación “sensibles” é dicir que a súa difusión pode ser constitutiva de delito tipificado na lei de protección de datos. Tamén somos conscientes de que nalgún momento puidemos estar no límite da dita lei. Non entendemos que se reclame a legalidade antes da sesión e, despois da sesión, a documentacion, nas mesmas datas en que se recrimina a actuación, se faga pública (copia da páxina) si a lei se incumpre por desvelar datos persoais o mesmo o será antes que despois da realización do Consello de Goberno.

UNIVERSIDADE - CONSELLO DE GOBERNO

    Unha condensación do resumo podería ser:

    Consensúase unha resolución sobre a Residencia Universitaria.

    Catro PDI promocionaron, está claro, non hai discusión establécese nos acordos entre as partes (Universidade-traballadores)

    Informouse na sesión de que esa mesma mañá publicouse o Convenio Colectivo de PDI laboral asinado no mes de xaneiro deste mesmo ano, as partes gabáronse de superar os marcos orzamentarios establecidos pola Xunta “custou pero saiu”.

    O PAS laboral ve como na FCDEF redúceselle unha praza e advírteselle, despois da intervención do representante no Consello de Goberno, de que a RPT que se lles presentará non se parecerá á que foi ás asembleas, neste caso si afectará a redución orzamentaria.

LABORAL - CAEN OS MITOS

    Un informe da OCDE revela que estado español dedícanse 4,6 horas diarias a labores remunerados, un 19% máis que os alemáns.

    O estado español é o décimo terceiro da OCDE onde máis tempo se dedica a labores remuneradas.

LINGUA - artigo de Xabier Cordal

    É moi fácil: se A Coruña pode chamarse La Coruña, está claro que podemos dirixirnos como Negrera a calquera señor que se apelide Negreira igual que nos empeñamos en dicirlle Feijoo a Feixoo e Rajoy a Raxoi

XAPÓN – DESASTRE NUCLEAR

    A Axencia Nacional de Seguridade Nuclear (ANSN) confirmou que os materiais radioactivos do reactor catro da central de Fukushima-1 superaron 100.000 veces os niveis normais. Pola súa banda, Tepco admitiu que o nivel de radioactividade de iodo 131, cesio 134 e 137 é máis alto do normal e que varias barras de combustible están danadas. Isto débese a que o nivel de auga das piscinas de combustible, que arrefrían as barras usadas, baixou de forma temporal e aquelas barras de combustible que resultaron danadas contaminan e aumentan a radioactividade, segundo informou a axencia de noticias Kyodo.

ECONOMIA - CONSUMO

    En 1996, a superficie bruta alquilable dos grandes complexos da cidade era a cuarta parte. O xigante da Grela fará que o municipio sume 427.596 metros cadrados de espazo comercial en grandes superficies. A Coruña é unha das catro provincias con maior densidade do estado español neste sentido.

ECONOMIA - CRISE

    Cal mantra, dende os mesmos medios de desinformación masiva que dicían que no estado español non había crise, repítese agora que "España non necesita rescate", "España non necesita rescate", "España non necesita rescate". Din que un déficit superior ao 9%, un desemprego do 20%, un consumo conxelado, o Euribor subindo novamente e os bancos sen poder transmitir liquidez dado que necesitan usar o diñeiro público para mellorar os seus balances, non son motivos abondo para acudir ao rescate.

    
  •   
 
 LABORAL - INTOLERABLE
    O día despois de que a compañía que gañou no exercicio pasado un 30% máis, anunciase o despido de 5.600 persoas da plantilla a través, claro está, dun ERE.

    A compañía pretende aprobar un plan dirixido unicamente ao equipo directivo polo que recibirían uns 450 millóns de euros en cinco anos
 CRISE ECONÓMICA
    A pesar das presións brutais feitas a favor do "Si", con ameazas de toda especie por parte da Unión Europea, do FMI, das axencias de clasificación, dos gobernos británico e holandés e dos políticos locais que dominan o parlamento e cociñaran un acordo como o "menos malo" que o anterior (rexeitado nun primeiro referendo), o pobo islandés soubo ver onde estaban os seus verdadeiros intereses.
 MULLER
    A Plataforma de organizacións Feministas rexeita o “Anteproxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia en Galicia” por regresivo, patriarcal e anticonstitucional.

    A lei supón un grave recorte dos dereitos da muller, situándoa de novo en labores de nai e coidadora (de nenas e nenos, adolescentes, persoas discapacitadas, dependentes e maiores), establecendo a maternidade como rol vital e controlando desta maneira a súa vida afectiva e sexual.
 ECOLOXIA
    A Ría de Ferrol está moi depauperada, cantidades enormes de augas residuais urbanas son verquidas diariamente desde moitos puntos da súa contorna. Os verquidos industriais continúan. E non hai quen poña freo aos verquidos que moitos buques realizan sen nengún tipo de control. Non hai autoridade ningunha que poña freo a tanta agresión contra o medio ambiente.

    A nosa Ría é un verdadeiro sumidoiro
 CRISE - Artigo de Isaac Rosa
    Imos ter que tomar medidas máis drásticas para facer entrar en razón aos islandeses, que volveron rexeitar comer as débedas dos bancos. Por agora ameázanos con levalos aos tribunais, pecharlles a porta de Europa e que Moody's lles rebaixe o rating. Se aínda así se resisten, haberá que mandar a OTAN, porque outra cousa xa non se me ocorre para que actúen como cidadáns responsables.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Vindeiras actuacións do Comité

    Pendentes das convocatorias

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
16 CONGRESO FSM DOCUMENTO DE TRABALLO

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript