18/04/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Plataforma de organizacións Feministas rexeita o “Anteproxecto de
Lei de Apoio á Familia e á Convivencia en Galicia” por regresivo, patriarcal
e anticonstitucional.
A lei supón un grave recorte dos dereitos da muller, situándoa de novo en
labores de nai e coidadora (de nenas e nenos, adolescentes, persoas
discapacitadas, dependentes e maiores), establecendo a maternidade como rol
vital e controlando desta maneira a súa vida afectiva e sexual.
A Xunta, alegando motivos económicos, evitou progresar no desenvolvemento de leis e decretos como a “Lei galega 7/2004 para a igualdade de homes e mulleres”, a “lei galega 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero”, a “lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia”, a “lei 2/2007 de traballo en igualdade das mulleres de Galicia”, ou o “decreto 15/2010 polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia”, que xa recollen medidas concretas de apoio á familia, á atención de mulleres en situación de exclusión, de socialización das cargas familiares, de permitir compatibilizar vida familiar e laboral. Co mesmo pretexto desmantela organismos –desaparición do Servizo Galego de Igualdade- e substitúeo todo por unha mera declaración de propósitos e boas intencións mentres si destinará medios económicos para a creación do Consello Galego de Familia e o Observatorio Galego de Familia destinados a “protexer” e “dirixir” ás mulleres.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript