abril de 2011
 
 

18/04/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

O envío de convocatoria e documentación do Consello de Goberno

O pasado luns, día 11, enviamos a través de listas PAS a convocatoria e documentación da sesión do Consello de Goberno do día 14. Funcionou a censura, o correo non chegou a ninguén.

Partindo da base que entendemos que hai partes da documentación “sensibles” é dicir que a súa difusión pode ser constitutiva de delito tipificado na lei de protección de datos. Tamén somos conscientes de que nalgún momento puidemos estar no límite da dita lei. Non entendemos que se reclame a legalidade antes da sesión e, nas mesmas datas en que se recrimina a actuación, despois da sesión, a documentacion, se fagan pública (copia da páxina) si a lei se incumpre por desvelar datos persoais o mesmo o será antes que despois da realización do Consello de Goberno.

 

  • Noticias relacionadas

Por outro lado na acta da sesión do día 25 de febreiro de 2011 dise textualmente:

“Na súa quenda de informe, o secretario xeral toma a palabra para indicarlle aos membros do Consello de Goberno que pese á reiteración das advertencias feitas nos Consellos de Goberno do 22 de xullo e do 4 de outubro a D. Xosé Portela, este volveu remitir a documentación correspondente á presente sesión do Consello de Goberno a todo o PAS da Universidade da Coruña. Tal comportamento vulnera o artigo 7 do Regulamento interno do Consello de Goberno, aprobado por este na súa sesión do 16 de marzo de 2005, de conformidade co cal a convocatoria que inclúe a documentación, é notificada individualmente aos membros do Consello de Goberno, mais nin é pública, nin pode ser difundida publicamente…”

O Artigo 7 do Regulamento de Réxime Interno do Consello de Goberno di:

Sección 2ª- Da convocatoria, constitución e funcionamento do Pleno do Consello de Goberno

Artigo 7

  1. A convocatoria do Pleno do Consello de Goberno correspóndelle ao reitor.
  2. Para que a convocatoria produza efecto, deberase poñer en coñecemento de todos os membros do Consello de Goberno mediante unha notificación en que se fará constar a orde do día e, asemade, o día, a hora e o lugar da reunión.
  3. As notificacións serán enviadas polo menos con setenta e dúas horas de antelación. A convocatoria será nominal e dirixida ao departamento, centro ou servizo a que pertenza o membro convocado e, no caso dos estudantes, ao local asignado a eles nos diferentes centros ou, durante os períodos non lectivos, aos seus domicilios particulares. En casos de convocatoria urxente dunha sesión quer ordinaria quer extraordinaria, deberá respectarse un prazo mínimo de corenta e oito horas. A información sobre os temas que figuran na orde do día enviarase unicamente por correo electrónico aos membros do Consello de Goberno que así o soliciten. En todo caso a información sobre os temas que figuran na orde do día estará a disposición dos membros do Consello de Goberno en igual prazo, na Secretaría Xeral, e poderase consultar unha copia da documentación na Secretaría Xeral Técnica do Campus de Ferrol.
  4. Consello de Goberno reunirase en días administrativamente hábiles

 


Como se observa non se deduce da lectura do Artigo que sexa obrigado o sixilo das convocatorias e documentación. Da lectura do texto completo do regulamento tampouco se observa ningunha referencia a esa circunstancia.

O que temos claro é que a representación colectiva require a participación colectiva. Neste caso como as sesións convócanse con tres días de antelación proceder doutro xeito que non sexa o que estamos a facer, parécenos imposible.

Actuaremos en consecuencia.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript