18/04/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
É moi fácil: se A Coruña pode chamarse La Coruña, está claro que
podemos dirixirnos como Negrera a calquera señor que se apelide Negreira
igual que nos empeñamos en dicirlle Feijoo a Feixoo e Rajoy a Raxoi.
Así que se un futuro Concello da Coruña conseguise que o alien La Coruña fose legal (a ninguén lle importa como o diga vostede falando en español: dicimos se esa forma fose legal), derrogando a Lei de Normalización Lingüística -“os topónimos terán como única forma oficial a galega”-, todo núcleo de poboación da Comunidade Autónoma de Galicia tería dereito a traducir o seu e a esixir da Xunta de Galicia que recoñecese a forma resultante nos sinais, na documentación e nas comunicacións á cidadanía. Do contrario vulneraríase o principio de igualdade ante a lei: os galegófobos de Sangenjo, La Coruña, Corujo e Arteijo terían máis dereitos ca os habitantes de Ourense, Vilariño de Conso ou Carballo que se apuntasen a levar o ridículo ás últimas consecuencias.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript