Agosto de 2010
 
 

28/03/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


A gran mentira
Somos cómplices da gran mentira que supuxeron as promesas incumpridas deste equipo de goberno?. As que os votamos podemos considerarnos copartícipes da desfeita que supuxo para o PAS, a gran desilusión e o escepticismo tan espallado entre o colectivo?. Non, votamos, no ano 2003, o cambio, daquela parecía posible. Votamos coa ilusión de que o PAS; por fin, podería posicionarse á altura dos outros colectivos da comunidade universitaria. Rematou o soño, fai tempo que espertamos e démonos de narices coa realidade, a situación segue a ser a mesma. Desconsideración, nepotismo, falta de criterio, absolutismo seguen a ser os sinais de identidade desta universidade, os privilexiados seguen a ser privilexiados, os marxinados seguen a estar marxinados. A vida segue igual. Pero nas nosas mans está darlle a volta á tortilla, non conformarnos, revelarnos. Unha aperta.

 

A situación do INEF (FCDEF).
Son interino, debido a esta condición laboral tiven contratos en varios centros da universidade, nalgún deles repetín. Este é o caso do INEF, sempre que traballei neste centro eramos, na conserxería, 4 traballadores en quenda de mañá e 3 na de tarde. Menten si se di que os postos eran menos, dou fe de que non era así e non me estraña, o centro é enorme, ten grandes espazos diferenciados e separados uns doutros, espazos onde hai material e a atención debe ser permanente.

 

Pode haber democracia cun trato tan diferenciado?
Nesta universidade o que non pasa polo aro teno complicado. Volvemos aos tempos do amigo, da proximidade, todo o que se move da liña marcada queda estigmatizado, esta circunstancia tócanos vivila aos laborais, somos malos, non aceptamos as migallas e agora estannos preparando para o castigo que virá en forma de RPT, de todos os xeitos tamén nos están preparando para que asumamos o castigo pero que non os culpemos, a culpa coma en todo será doutros, neste caso da Xunta, que impón as restricións no gasto. Méntennos e quérennos facer tontos, como si non vísemos como ao noso redor todos promocionan, teñen RPT, asinan convenios…

Deberiamos seguir o exemplo de Islandia
Invádeme unha envexa, moi san, sobre o pobo islandés: compráceme que fosen capaces de permitir que se afunda a súa banca e meter no cárcere aos seus banqueiros e non aceptar mediante un referendo pagar a débeda provocada por estes. Ese é o pobo soberano, deberiamos tomar exemplo. Por que as perdas do gran capital se teñen que socializar e os beneficios se teñen que privatizar? Tomemos exemplo, que o pobo sexa soberano, que pasemos dos mercados, das recomendacións da Unión Europea, das axencias de cualificación que continuamente nos descualifican.
Sexamos un pobo soberano, temos o poder. Por que o desperdiciamos e nos conformamos? Estamos durmidos?



 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript