11/04/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Oito de cada dez cidadáns do estado rexeitan a reforma das pensións acordada o pasado mes de febreiro. As medidas máis polémicas do pacto entre o Goberno e os axentes sociais son o atraso da idade de xubilación dos 65 aos 67 anos, que é rexeitada polo 79,4% dos enquisados polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), e a ampliación do cómputo das pensións de 15 a 25 anos, coa que non coinciden o 69,2% dos sondados.
A pesar das decisións adoptadas, o 46,9% cre
que así non se resolverá o problema das pensións e
prevé que a polémica reaparecerá nos próximos anos.
Todos os asinantes do Acordo Económico e Social
saen malparados. O Goberno e os sindicatos, os dous
principais interlocutores, son os que peor opinión
suscitan entre os enquisados. Segundo o CIS, ao
redor da metade dos cidadáns do estado empeoraron a
súa visión do Executivo (49%) e das centrais
(46,8%). Os empresarios, moito menos presentes
nesta negociación, son os menos prexudicados e o
40,3% teñen agora unha peor imaxe deles. Iso si, o
81,1% dos enquisados aproban o avance que supón
recoñecer con nove meses de cotización por fillo
aos pais e as nais..
Preocupacións
O paro e a economía seguen sendo as dúas
principais preocupacións dos cidadáns do estado. Un
81,8% dos sondados consideran o desemprego como o
problema máis importante da sociedade. O 51,3% dos
enquisados consideran que a falta de ingresos é a
cuestión máis importante do momento.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript