Número 78 - 11 de abril de 2011
 
 
UNIVERSIDADE

    Comezan a evidenciarse os problemas xa detectados da proposta de RPT de PAS laboral rexeitada polas asembleas.

    A FCDEF quedou, desde o día 6 de abril, sen un traballador na conserxería o que impedirá, segundo a dirección do propio centro, a normal realización dos servizos o que, á súa vez, repercutirá directamente no bo desenvolvemento da docencia e prácticas do alumnado.

    Xuntamos os escritos remitidos polo Decano do centro ao Reitor e á Xerencia. Estando totalmente de acordo coa reclamación que neles se realiza, mostrámonos totalmente desconformes co reflectido no escrito que acompañaba ao envío. que o propio Decano realizaba aos alumnos e a todos os traballadores do centro (PDI e PAS), Nel indicábase literalmente que: “Esta situación conleva outro efecto colateral negativo, a partir do día de hoxe, non poderemos tramitar permiso nin vacacións do PAS”.

UNIVERSIDADE - CONSELLO DE GOBERNO

    As eleccións a órganos de representación (Xuntas de Persoal e Comité de Empresa de PDI laboral) realizáronse o pasado día 24. A representación colectiva dos traballadores/as da UDC ten representación no Consello de Goberno.

LABORAL - PACTO SOCIAL

    Oito de cada dez cidadáns do estado rexeitan a reforma das pensións acordada o pasado mes de febreiro. As medidas máis polémicas do pacto entre o Goberno e os axentes sociais son o atraso da idade de xubilación dos 65 aos 67 anos, que é rexeitada polo 79,4% dos enquisados polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), e a ampliación do cómputo das pensións de 15 a 25 anos, coa que non coinciden o 69,2% dos sondados.

POLÍTICA

    As políticas que impón Europa aos estados membros encamíñanse á austeridade e precarización máis absoluta, rebaixa de salarios, dereitos sociais… son directrices que cotidianamente dimanan das políticas de instancias europeas. Claro está que esas liñas de acción aféctannos aos de sempre, aos traballadores e traballadoras.

XAPÓN – DESASTRE NUCLEAR

    Xapón ten dende o terremoto do xoves outra central nuclear da que preocuparse. Trátase da planta de Onagawa, na prefectura de Miyagi, danada durante o tremor de 7,1 graos que sacudiu o xoves o arrasado nordés do país. Segundo a Axencia de Seguridade Nuclear de Xapón (ASNJ), as piscinas de combustibles sufriron filtracións de auga radioactiva.

GALEGO

    A plataforma apartidaria pola defensa da lingua galega ProLingua realizou o sábado 9 de abril unha rolda de prensa na que deu conta da entrega dunha carta dirixida ao Presidente da Xunta co obxectivo de lle demandar un compromiso definitivo coa Lei de Normalización Lingüística antes da celebración das eleccións municipais e da conseguinte campaña electoral.

ECONOMIA - CRISE (Alberto Garzón)

    A recente crise financeira internacional emerxeu no verán de 2007 cando os produtos cos que negociaba e especulaba a banca demostraron carecer de valor. Durante os anos anteriores o sistema bancario estadounidense fixera suculentos beneficios cun negocio baseado nunha burbulla especulativa que tarde ou cedo tiña que estalar.

Fukushima

    Todos os chamamentos á calma, todas as mensaxes tranquilizadoras, todas as declaracións de boas intencións, de que se van revisar as centrais nucleares, todos... esconden a contundente, dura e dramática lei do máximo beneficio. Fukushima, en pleno corazón do primeiro mundo, pon de manifesto que os beneficios das grandes corporacións xaponesas comen a saúde e a vida da poboación a través do aforro de custos, neste caso na industria nuclear.

    
  •   
 
 XUNTA E UNIVERSIDADE - DEDOCRACIA
    Non hai moita diferenza entre a Xunta do PP e o que pasa na nosa Universidade. Os xefes de servizo son elixidos “a dedo”. Na Xunta conseguirase unha lei que o impedía (nunca se chegou a aplicar), aquí simplemente conséntese placidamente.
 LABORAL - CONGRESO DA FSM
    Na súa intervención sinalou que a CUT é un sindicato galego, asembleario, combativo e de clase.
    Fixo unha breve análise da situación político-económica internacional.
    Referíndose a Galicia subliñou que a nosa condición de nación sen estado.
    Denunciou os intentos de criminalizar a nosa organización
    Avogou pola necesidade de unir forzas superando sectarismos.
    Rematou facendo unha chamada ás forzas sindicais presentes no Congreso.
 LABORAL - GALICIA
    A prédica que desde a dereita sociopolítica nos quería facer tragar coas bondades da reforma laboral indicando que era solución ao desemprego desméntense cada vez que o Ministerio de Traballo e Inmigración saca a estatística do paro.
 MACHISMO
    O ano pasado, 21.368 agresores foron axuizados polos xulgados de Violencia contra a Muller, dos que o 76% foron condenados.
 CRISE
    Búscase. Home, 48 anos, 1,80 metros, 114 quilos. Calvo, ollos azuis. A Interpol acompaña esa descrición dunha foto na que aparece un tipo ben afeitado embutido nun deses traxes escuros de 2.000 euros e tocado cun impecable nó de gravata.

    Vese á legua que se trata dun banqueiro: este non é un deses carteis da salvaxe Oeste. A delincuencia cambiou moito coa globalización financeira. E non obstante, esta historia ten reberetes de western de Sam Peckinpah ambientado no Ártico.
 Galicia, vertidos radioactivos, 1981
    En setembro do 1981, un pesqueiro de Ribeira lánzase ao Atlántico para lles facer fronte aos buques dos Países Baixos que deitaban bidóns de refugallos nucleares diante das costas galegas. Esta é a súa historia, a da procura da gloria, que pervive logo de 30 anos.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Vindeiras actuacións do Comité

    Reunion do Comité o vindeiro venres, dia 13, para tratar exclusivamente das convocatorias.

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
16 CONGRESO FSM DOCUMENTO DE TRABALLO

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript