11/04/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
As políticas que impón Europa aos estados membros encamíñanse á austeridade e precarización máis absoluta, rebaixa de salarios, dereitos sociais… son directrices que cotidianamente dimanan das políticas de instancias europeas. Claro está que esas liñas de acción aféctannos aos de sempre, aos traballadores e traballadoras.
Cando toca tomar decisións sobre, xa non a
rebaixa de salarios como aconteceu cos
traballadores/as da administración pública do
estado, senón simplemente sobre a posible
conxelación de salarios (como ocorreu cos nosos
vellos, e as súas ínfimas pensións), eses que
lexislan a nosa precariedade néganse de plano a
aceptar nin un só pequeno sacrificio.
O que cobran estes “señoritos” non é pouco, 8.000 €
de salario ao mes, máis 300€ por asistencia a cada
sesión, máis 4.200€ para gastos de oficina fan que
o “oficio” de eurodeputado sexa ben rendible.
No canto de reducirse ou conxelarse o orzamento do
Parlamento Europeo creceu máis dun 2% neste
exercicio.
Tampouco aceptan viaxar co “populacho” en clase
turista, eles queren primeira clase, faltaría
máis!. Por pagar, o Parlamento Europeo paga incluso
o exceso de equipaxe dos seus Eurodiputados. Xa se
denunciara noutra ocasión que os Eurodiputados,
para cobrar a asistencia aos plenos dos venres van
ao parlamento coa maleta na man, asinan a súa
presenza e inmediatamente abandonan o Parlamento.
Sabemos que, o pequeno “sacrificio” que rexeitaron
realizar os parlamentarios europeos non vai
solucionar a crise nin posibilitará que o paro e a
precariedade diminúan, simplemente reclamámolo como
un exercicio de coherencia. É inmoral que mentres
que estes individuos lexislan nun sentido estrito
con respecto a traballadores e traballadoras eles,
cunha actitude absolutamente indecente vivan ao
marxe dos sacrificios que nos obrigan a realizar.
Lembramos que os eurodeputados xa traizoaron nunha
ocasión a esperanza de que houbese unha comisión de
investigación sobre o Prestige, claro que era
venres e as súas señorías tiñan presa por marchar
para as súas casas.
18 de decembro 2002
As teses de populares e liberais impuxéronse por
estreito marxe no pleno do Parlamento Europeo (PE)
á dos socialistas, verdes e Esquerda Unitaria. Por
226 votos a favor e 222 en contra (máis seis
abstencións), o pleno rexeitou crear unha comisión
de investigación específica sobre o accidente do
Prestige.
O resultado tan estreito da votación causou enorme
malestar no movemento asociativo, xa que se
comprobou, unha vez emitidos os votos, que de non
ser pola ausencia de oito membros do grupo
socialista (dun total de 24) esta gañaríase. A
ausencia máis notable foi a do xefe de filas, Rosa
Díez, que abandonou Estrasburgo pola mañá. Os
outros seis ausentes foron Carlos Westendorp, José
María Mendiluce, Luis Berenguer, Alejandro Cercas,
Fernando Pérez Royo e María Rodríguez. Tampouco
asistiu á votación Carmen Cerdeira, que leva catro
meses de baixa por enfermidade.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript