11/04/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Non hai moita diferenza entre a Xunta do PP e o que pasa na nosa Universidade. Os xefes de servizo son elixidos “a dedo”. Na Xunta conseguirase unha lei que o impedía (nunca se chegou a aplicar), aquí simplemente conséntese placidamente.
O director da Función Pública di que o
Goberno limítase a facer “o mesmo que facía o
bipartito” para nomear os seus directivos
Unha reforma de ida e volta con 810 postos máis
elixibles a dedo. No ano 2007, o Goberno bipartito
modificaba a Lei da Función Pública, a que rexe os
traballadores da Administración autonómica. Entre
os cambios introducidos, limitábanse os postos
directivos para os que os funcionarios podían ser
elixidos polo sistema de “libre designación”, isto
é, o que popularmente se coñece como a dedo.
Segundo esa mudanza legal, só se poderían cubrir
con este sistema “os postos de traballo de
subdirector xeral, as secretarías de altos cargos
así como outros de carácter directivo ou especial
responsabilidade para os cales, excepcionalmente,
así se determine”.
Tres anos máis tarde, a Lei de Acompañamento dos
Orzamentos de 2011 revogou esa medida que, segundo
sinalan os sindicatos con representación na Xunta,
“nunca se chegou a aplicar”. Coa nova reforma,
pasaron a ser elixibles, de novo coa lei na man, os
postos de xefes de servizo, algo que a frustrada
reforma pretendía evitar.
Con esta reforma baixo o brazo, o director xeral da
Función Pública, José María Barreiro, acudiu onte
ao Parlamento para respostar a unha pregunta do
nacionalista Alfredo Suárez Canal sobre o número de
xefes de servizo, agora de novo de libre
designación, que “hai na actualidade na
Administración galega”. Segundo os datos ofrecidos
por Barreiro, “os xefes de servizo de nivel
Ante as explicacións do director xeral, Suárez
Canal preguntouse “cal é a razón” de esta “volta
atrás” no ordenamento da libre designación. Para o
parlamentario do BNG, a razón de que os xefes de
servizo volvan entrar neste tipo de postos só
responde á intención do PP de establecer “un férreo
control” de todos os postos directivos da
Administración, os cales, asegura, xa non será
ocupados “polos mellores”, senón “polos máis
submisos” aos populares.
Mentres, dende o Goberno, Barreiro admitiu que a
reforma do bipartito ía encamiñada a reducir este
tipo de postos se ben, reprocha, “as reformas,
ademais de publicalas, hai que aplicalas”. Neste
sentido, o titular de Función Pública asegura que
esa modificación só foi “de cara á galería” porque
non se chegou a aplicar.
Canta teórica diferenza, canta igualdade na
realidade
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript