11/04/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
As eleccións a órganos de representación (Xuntas de Persoal e Comité de Empresa de PDI laboral) realizáronse o pasado día 24. A representación colectiva dos traballadores/as da UDC ten representación no Consello de Goberno.
A renovación da representación nas comisións
delegadas obriga á constitución apresurada das
Xuntas e Comité para nomear aos representantes no
Consello de Goberno para que, á súa vez, elixan
representantes nesas comisións delegadas.
A constitución dos órganos de representación ten
uns prazos e vai por un camiño marcado desde que se
fai a convocatoria electoral.
Parécenos que, unha vez máis, se actúa dun xeito
apresurado. Cremos que se podía agardar unha semana
máis para convocar este Consello de Goberno e así
deixar un valioso tempo para que os procesos de
constitución dos órganos de representación se
fixesen sen tanto apresuramento.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript