28/03/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
O balbordo do INEF.
Estes días hai actividade frenética na FCDEF, a RPT que se
rexeitou nas asembleas e que quitaba un traballador dos que
viñan traballando no centro fíxose efectivo. Menos mal que
se rexeitou. Se non fose dese xeito xa sabemos o que ía
pasar, a culpa xa non era do Reitor nin da Xerencia sería do
Comité. Todos se lavarían as mans e seriades vós os
responsables. Non podemos transixir con que se quiten
efectivos en ningún centro e si diminúen que sexa baixo a
responsabilidade dos que nos gobernan.
As cousas seguen igual
Non hai cambios, o equipo resiste, nós tamén, o
Comité ten apoios no colectivo, demostrouse na
folga e concentración diante do reitorado. O
que fai falta é non dar nin un só paso atrás,
si se cede agora todo o esforzo que se fixo
perderase. Non esquecemos o peche, nin os
viaxes polos centros, o esforzo cos temarios, a
proximidade e a atención. Unha aperta.
O déficit nas universidades
Lin no Xornal que as universidades, no ano
2010, tiveron un déficit de 28 millóns de
euros. Todas as universidades menos a da
Coruña, que presume des estar “saneada”,
responderon ás preguntas dos xornalistas. Qué
esconde a UDC. Podedes controlar este asunto?.
A min paréceme moi serio e digno de facerlle un
control.
Divídense os apoios a Novaluce?
Recentemente apareceu na escena universitaria
unha alternativa, algo parecida, na súa
composición ao que hoxe é o goberno da
universidade. Xente tan significada como
Portero, algún ex de Novaluce, xente de
sindicatos xunto con outros “arrimados” no seu
momento ao meilanismo xuntáronse como
alternativa ao actual equipo. Dicía antes que
se parecía ao que nos goberna porque tamén
dentro deste está toda a esfera ideolóxica,
posto que hai de todo. Está por ver si o novo
remexido chega a ser un guiso ou se queda nunha
sopa con pouca sustancia. En todo caso parece
que se aveciñan tempos difíciles para os que
hoxe nos desgobernan, cando menos a nova
candidatura restaralles votos e isto pode ser
determinante.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript