abril de 2011
 
 

04/04/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

A APA fai unha reclamación solicitando a repetición das votacións realizadas o día 25

A Xerencia e os funcionarios interinos.

 

 

A Xerencia, durante o mes de febreiro e parte do de marzo díxolles aos compañeiros e compañeiras interinos/as que non os ían a cesar no suposto de que ao funcionario que substituían o destinasen por concurso a outro posto, como se fixo en 2008. Pero ao final cesounos.

A “casualidade” quixo que isto sucedese durante o proceso electoral á Xunta de Persoal o que provocou que decaesen das listaxes de candidatos e que consideraran que non puidían exercer o voto nese proceso. Esta circunstancia provocou, tamén, que dous compañeiros electos da candidatura da APA no Claustro cesaran como tais.

Na substitución destes compañeiros cometeuse, ao entender da APA, unha irregularidade que se denunciou na sesión do Claustro Constituínte, reclamando a repetición das votacións.

O Claustro, páxina da APA

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript