abril de 2011
 
 

04/04/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Éxito manifesto das políticas de axuste neoliberal: Volveu subir o paro no Estado español

O paro na zona euro baixou en febreiro, pero no estado español continúa en ascenso. As "políticas de emprego" baseadas nos recortes e a reforma laboral dan os seus froitos: O paro subiu novamente ata situarse, oficialmente, no 20,5%.

 

  • Noticias relacionadas

 

As "políticas de emprego" baseadas nos recortes e a reforma laboral dan os seus froitos: O paro subiu novamente ata situarse no 20,5%.

Cando a aprobación e implementación da Reforma e o pensionazo, o goberno prometeu o cesamento da destrución do emprego e posteriormente a recuperación dos postos de traballo.

Pero a esta altura, só logrouse abaratar cada vez máis o custo do traballo e do despedimento, fundamentados nunha suposta "competitividade" que o único que logrou é un detrimento real das mínimas prestacións e condicións laborais, mentres que mantén intocables os privilexios de grandes empresas monopólicas e as permanentes axudas á banca.

Despois de máis dun ano e medio a taxa de desemprego nos países do euro volve a valores inferiores ao 10% e sitúase no 9,9%, tras caer unha décima. A situación laboral en España é moito peor.

No segundo mes do ano proseguiu a súa escalada ata o 20,5%, máis do dobre da media dos seus socios, segundo datos da axencia estatística europea (Eurostat).

Estes datos confirman que o estado español permanece á fronte dos estados con maior número de parados. Os países que rexistran as menores taxas de paro son Holanda (4,3%), Luxemburgo (4,5%) e Austria (4,8%). Os únicos que se achegan ao alarmante nivel español son Lituania (17,4%) e Letonia (17,3%).

O desemprego diminuíu en trece dos vinte e sete estados membros da UE, permaneceu estable en dous e incrementouse en doce. O único consolo que lle queda a España é que países como Grecia e Irlanda rexistraron maiores aumentos, cun 3,8% e un 1,9%, respectivamente.


KAOSNAREDE

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript