Número 77 - 04 de abril de 2011
 
 
UNIVERSIDADE

    O Reitor consegue que se aprobe, con menos votos que en anos anteriores, a memoria do ano 2010.

    A votación reflectiu 75 votos a favor, 41 en contra e 22 abstencións. A sesión do xoves, dia 31,  foi a continuación da que tivo que ser suspendida o pasado 25 de marzo porque o Reitor incumpriu os prazos para transmitir a información dos puntos da orde do día da reunión.

UNIVERSIDADE - CLAUSTRO

    O feito de que a Xerencia cesase a todos os compañeiros/as funcionarios /as interinos/as provocou que dous compañeiros electos da candidatura da APA no Claustro cesaran como tais.

    Na substitución destes compañeiros cometeuse, ao entender da APA, unha irregularidade que se denunciou na sesión do Claustro Constituínte, reclamando a repetición das votacións.

UNIVERSIDADE

    O Claustro visto polos articulistas dos xornais.

LABORAL - ASEMBLEA DE PARADOS

    A utilización dos expedientes de regulación de emprego (ERE) de redución de xornada disparouse desde que entrou en vigor a reforma laboral, segundo informou onte o Ministerio de Traballo, que cifra no 127,4% o incremento deste tipo de procedementos durante os sete meses de aplicación da reforma (de xullo do 2010 a xaneiro do 2011).

XAPÓN – DESASTRE NUCLEAR

    A operadora da planta nuclear localizou unha greta no reactor número 2 por onde se está a filtrar auga altamente radioactiva ao mar. O goberno volve recoñecer que a situación está fóra de control. A nube radioactiva xa se detecta no estado español.

LABORAL

    Non sei se lle acontecerá a todo o mundo pero a min iso da produtividade que tanto falan non acaba de quedarme claro. Din que traballamos pouco, que somos vagos, que temos que baixarnos o soldo un 25% para empezar a ser competitivos ou "traballar un pouquiño máis e cobrar un pouquiño menos" segundo outras fontes. Vaia, pois si que somos caraduras os cidadáns do estado español! Menos mal que avisan porque eu ata o día de hoxe saía con toda confianza á rúa sen medo de ser extorsionado por algún destes perigosos suxeitos…

ECONOMIA

    Máis da metade dos 659 evasores fiscais con contas millonarias en Suíza non fixeron caso aos requirimentos da Axencia Tributaria e sospéitase que 151 dos 293 que aceptaron presentar declaracións complementarias ou extemporáneas falsearon os datos. Non obstante Facenda non iniciou ningún procedemento penal contra eles nin puxo os datos en mans da Fiscalía, o que facilita a prescrición dos seus delitos.

REGANOXO

    Na noite do 19 de Abril de 2010 tivo lugar un incendio no complexo petroquímico de Forestal del Atlántico (Punta Promontorio –Concello de Mugardos) a 200 m da Planta de gas de Reganosa no interior da Ría de Ferrol, no mesmo momento no que se procedía a descarga de 58.372 Tons de GNL polo gaseiro “Madrid Spirit”. Esta situación foi de máximo perigo para todos os que vivimos na contorna da Ría, debido ao efecto dominó que puido ocasionar unha explosión nos depósitos de Forestal del Atlántico. Os bombeiros de Ferrol conseguiron controlar o incendio despois de dúas horas de traballo. A pesar do ocorrido non se activou o Plan de Emerxencia de Forestal, nin o de Reganosa

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE - CLAUSTRO
    Ademais da irregularidade nos nomeamentos de substitutos da candidatura da APA, cesados por deixar de ser traballadores da UDC. Ademais da RPT de PAS laboral os claustrais que interviñeron fixérono, en moitos casos de xeito crítico.
 POLTICA - INDIGNATE!
    Traduciuse ao galego o libriño, máis ben un breve panfleto político de poucas páxinas, de Stéphane Hessel. Devido -na Francia popular sublevada contra a regresión social-, un excepcional éxito editorial e un fenómeno social. Grazas ao boca a boca e, sobre todo, ás novas redes sociais, o texto, ninguneado ao principio polos medios de información dominantes, conseguiu franquear censúralas e encher de esperanza miles de corazóns.
 ECONOMIA
    Cando aínda non asimilamos o recorte das pensións pactado entre o Goberno, a patronal e os sindicatos máis representativos, o Goberno aproba o Real Decreto-Lei 2/2011, do 18 de febreiro, "para o reforzamento do sistema financeiro" e anúncianos que se van inxectar, como mínimo, 20.000 millóns de euros máis ao devandito sector. Non deixa de ser paradóxico que en plena época de "reformas estruturais" e de recortes sociais destinados ao aforro no gasto público, non falte diñeiro, non obstante, para axudar aos bancos.
 LABORAL
    O paro na zona euro baixou en febreiro, pero no estado español continúa en ascenso. As "políticas de emprego" baseadas nos recortes e a reforma laboral dan os seus froitos: O paro subiu novamente ata situarse, oficialmente, no 20,5%.
 SANIDADE PUBLICA
    Mariano Rajoy, descartaba, estes dias, a posibilidade do copago cun “non rotundo”, ao tempo que, nun argumentario interno recollido por Europa Press, o partido facía fincapé en que “a sanidade gratuita e universal está garantida co PP” sen que os cidadáns teñan que asumir, polo tanto, o dobre custo. Estas declaracións dos populares contrastan cunha orde interna da Xunta na que o “copago” si é contemplado como unha vía de financiamento de servizos.
 OPINIÓN - ISAAC ROSA
    Despois de tantas veces como se abre e reabre o debate sobre o copago sanitario, e o xeito en que adoita pecharse con desmentidos e promesas de xamais dos xamases, teño dúas cousas claras: unha, que máis pronto que tarde haberá copago. E dous, que cando iso aconteza non se chamará copago, terá outro nome e nos xurarán e rexurarán que aínda que o pareza non é copago, é outra cousa.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Vindeiras actuacións do Comité

    Reunion do Comité coa Xerencia o vindeiro venres, dia 8, para tratar exclusivamente das convocatorias.

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
16 CONGRESO FSM DOCUMENTO DE TRABALLO

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript