abril de 2011
 
 

04/04/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Como o Ministerio de Economía perdoa aos que evaden diñeiro a Suíza

"Máis da metade dos 659 evasores fiscais con contas millonarias en Suíza non fixeron caso aos requirimentos da Axencia Tributaria e sospéitase que 151 dos 293 que aceptaron presentar declaracións complementarias ou extemporáneas falsearon os datos. Non obstante Facenda non iniciou ningún procedemento penal contra eles nin puxo os datos en mans da Fiscalía, o que facilita a prescrición dos seus delitos.
<

 

  • Noticias relacionadas

 

Non eran 3.000 os españois con contas millonarias en Suíza senón 659, segundo os datos que facilitou a semana pasada o vicepresidente Elena Salgado aos deputados do PP Baudilio Tomé e Ana María Madrazo. Salgado xa advertiu que se trataba de 3.000 contas pero algunhas podían estar a nome dunha mesma persoa, como así resultou. En concreto, os titulares eran eses 659. As cantidades que atesouraban non foron reveladas con precisión pero oscilan entre 6.000 e 10.000 millóns de euros, segundo explican as fontes consultadas.

O grande escándalo político e empresarial que se ía producir cando en xuño do ano pasado un empregado do banco británico en Suíza HSCB pasou un listado á Facenda francesa con miles de nomes de evasores e esta transmitiu a España a lista de españois con contas opacas, entre os que figuraban empresarios, políticos e directivos coñecidos, quedou reducido a un simple anuncio. A preservación do segredo é tal que o Goberno nin sequera facilitou a cuantificación precisa dos fondos detectados. Os titulares seguen a cuberto polo segredo.

Mentres tanto, máis da metade dos 659 requirimentos de regularización que lles enviou rapidamente a Axencia Tributaria para evitar a prescrición dos impostos da renda e o patrimonio -pois os listados comezaban en 2005- nin sequera foron atendidos. En concreto, 91 notificacións para que presentasen declaracións complementarias foron devoltas. E das 558 restantes, 293 foron atendidas. Pero destas, Facenda só deu por boas as declaracións extemporáneas de 142 titulares de contas suízas. Cal foi a cantidade satisfeita? Facenda négase a desvelala.

No caso das restantes 151 declaracións complementarias, os inspectores acharon "explicacións insatisfactorias e falta de coincidencia cos datos da Axencia Tributaria", é dicir, posibles trampas, e seguen investigando, do mesmo modo que nos restantes 265 casos de titulares de contas millonarias no país alpino que pasaron olimpicamente dos requirimentos da Axencia Tributaria.

Segundo os expertos tributarios hai tres alternativas: a regularización total, a regularización parcial do diñeiro en función do grao de risco que se queira asumir e a aceptación da vía xudicial, máis arriscada, esperando que a xustiza non acepte como proba un listado obtido de forma presuntamente ilegal ou irregular. Polo momento, segundo Salgado, ningún expediente se levou á Fiscalía para iniciar procesos penais. E os delitos fiscais prescriben aos cinco anos. No caso das contas suízas, dentro de 60 días.


cuartopoder

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript