abril de 2011
 
 

04/04/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Copago non, pero si

Mariano Rajoy, descartaba, estes dias, a posibilidade do copago cun “non rotundo”, ao tempo que, nun argumentario interno recollido por Europa Press, o partido facía fincapé en que “a sanidade gratuita e universal está garantida co PP” sen que os cidadáns teñan que asumir, polo tanto, o dobre custo. Estas declaracións dos populares contrastan cunha orde interna da Xunta na que o “copago” si é contemplado como unha vía de financiamento de servizos.

 

  • Noticias relacionadas

Este documento, redactado como instrución da Consellería de Facenda para o resto de departamentos autonómicos, detalla o xeito en que deben ser elaboradas as memorias económicas dos plans e leis do Goberno galego. Nelas, sinala o departamento que dirixe Marta Fernández Currás, deben figurar “as posiblidades ou alternativas para o seu financiamento”, tales como “dotacións existentes nos orzamentos”, “tributos, prezos públicos, transferencias finalistas e doutras administracións” e, tamén, o polémico “copago”, deixando así a porta aberta a este sistema en todo o Goberno e, polo tanto tamén no Servizo Galego de Saúde.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript