abril de 2011
 
 

04/04/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

O copago, a sorbiños

"En ningún momento falei de copagamento sanitario, dixen que había que ser valente e aplicar medidas. " -Ramón Luis Valcárcel, presidente da Rexión de Murcia

 

  • Noticias relacionadas

Despois de tantas veces como se abre e reabre o debate sobre o copago sanitario, e o xeito en que adoita pecharse con desmentidos e promesas de xamais dos xamases, teño dúas cousas claras: unha, que máis pronto que tarde haberá copago. E dous, que cando iso aconteza non se chamará copago, terá outro nome e nos xurarán e rexurarán que aínda que o pareza non é copago, é outra cousa.

O do copago é un globo sonda frecuente, pero de voo curto: apenas levanta do chan, corren a picalo, en ocasións o mesmo que o inflou, como onte o presidente murciano. E non obstante, non pasa moito tempo sen que volva cruzar o ceo brevemente o globo do copago.

Parece coma se se tivesen posto de acordo para que cada vez o lance un, e que non pasemos moito tempo sen sobresalto: unhas veces tócalle a un dirixente, outras un experto, a seguinte un organismo nacional ou internacional, outro día aparece un estudo... Y aínda que en todas as ocasións se apresuran goberno e oposición a rexeitalo, aí queda, e vai facendo o seu labor de zapa.

Porque tras cada globo picado queda claro que non hai ambiente para o copagamento -que en realidade habería que chamar 'repagamento', pois pagariamos dúas veces-; pero os desmentidos sempre van seguidos de chamamentos ao debate sobre o financiamento sanitario, o insostible do sistema, a obrigada revisión da carteira de prestacións, etc.

Non digo que non haxa que debater sobre a sanidade, incluído o seu financiamento. Pero nisto, como noutras materias sociais, estamos no peor momento para abrir debate, pois como pasou nas pensións ou o emprego, toda reforma sería a peor, a menos, e irreversible.

Está claro que unha reforma sanitaria que afecte ao seu carácter universal, público e gratuíto é unha medicina moi dura de tragar, e que provoca no corpo social intolerancia, irritabilidade, ardores e descomposición entre outros efectos secundarios. De aí que nos vaian dando sorbiños espazados para que o corpo vaia tolerando o xarope. Aínda que visto o que custa toleralo, máis que unha medicina parece un veleno



Artigo de Isaac Rosa

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript