abril de 2011
 
 

04/04/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

A reivindicación presente, unha vez máis, no Claustro

O Reitor consegue que se aprobe, con menos votos que en anos anteriores, a memoria do ano 2010.

 

 

A votación reflectiu 75 votos a favor, 41 en contra e 22 abstencións. A sesión do xoves, dia 31,  foi a continuación da que tivo que ser suspendida o pasado 25 de marzo porque o Reitor incumpriu os prazos para transmitir a información dos puntos da orde do día da reunión.

A perspectiva do actual claustro é que vai a ser moito máis crítico co equipo de goberno que o anterior. O feito de que se aproximen as eleccións a Reitor tamén influíu  nas intervencións e no decorrer das dúas sesión realizadas até o momento.

A actitude dos traballadores da APA presentes na sesión foi crítica. Rexeitamos a Memoria, non cabía outra posibilidade dada a situación de acoso e derrubo que o equipo reitoral mantén co colectivo de PAS laboral.

O PAS laboral presentes despregamos, unha vez máis, a pancarta onde faciamos patente a denuncia da situación á que nos leva a radical postura do sr. Reitor.

Pese ás críticas públicas, fundamentadas e documentadas de incumprimentos reiterados, aguantan estoicamente sen ningún rubor a situación. Limítanse ao exercicio do poder porque si, a escusa da recesión sérvelles para todo. A nós non.

Non imos decaer nas nosas xustas reclamacións. O comprometido é débeda e terán que cumprilo.

O Claustro, páxina da APA

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript