Agosto de 2010
 
 

28/03/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Hai que diversificar as accións
Ocórreseme que se pode actuar a varios niveis. Hai incumprimentos flagrantes do Convenio Colectivo. A promoción contemplada na Transitoria II é un claro exemplo, a realización da RPT outro, lembrade que no convenio establécese a obrigatoriedade de que se faga cada dous anos. Estes incumprimentos poderíanse denunciar pola vía xudicial sen deixar de lado as mobilizacións. Presionar en varias frontes pode dar resultado, non nos podemos permitir o luxo de non utilizar as ferramentas legais ao noso alcance. Até agora as denuncias non prosperaron, en boa parte porque se interpuxeron individual ou mediante un grupo reducido de traballadores/as, o feito de facelo como comité seguro que lle confire un carácter diferente e máis asumible polos xuices. Unidade e acción esa é a receita.

 

Teñen o poder e exérceno
Non podemos parar, non nos podemos deter. As frontes están abertas e correspóndelle pechalas aos que teñen o poder de facelo. A nós correspóndenos seguir reclamando. Eles poden, e deben, conceder o que é racional e teñen comprometido, non poden saír disto como se non pasase nada. Metéronnos nunha guerra que non pretendiamos, quixeron e queren que o PAS laboral pague a conta dun convite no que non estivemos. Romperon as regras de xogo e teñen que recompoñelas. O comprometido no Convenio, nos Estatutos e nos programas electorais hai que cumprilo.

 

É de esquerdas?
É de esquerdas o subemprego?
É de esquerdas a precariedade?
É de esquerdas que se incumpran os compromisos, sexan de Convenio o do programa electoral?
É de esquerdas a marxinación sistemática dun colectivo de traballadores?
É de esquerdas o xogo sucio, o engano sistemático?...
Se todo isto non é de esquerdas, porqué se creen de esquerda os mandamáis da UDC?
A CIG rexeita a contratación a través de ETT na Administracións Públicas
Los sindicatos, contra la contratación de ETT
Se parece que todos están contra este tipo de precarización laboral. Porqué na UDC non pasa nada?.


Dentro duns meses pediránnos o voto
Imos de votación en votación, este ano toca festa. Alguén pretenderá que o PAS lle vote. Os do pasado máis próximo xa sabemos as políticas que aplicaron. Os “alternativos” reconvertéronse en á súa relixión, o PAS segue a ser o felpudo onde se limpan os zapatos os de sempre. Cando parecía que podiamos chegar á dignificación persoal e profesional atopámonos coas barreiras de sempre, as mesmas que tiñamos en épocas anteriores. A incomprensión e o rexeitamento, a precariedade, a desprofesionalización seguen a ser a practica cotián e común no colectivo. Non importa, dentro duns meses solicitarán o voto, enviarán aos acólitos a intentar “convencernos”. Quérennos enganar unha vez máis.



 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript