abril de 2011
 
 

04/04/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

A sesión do día 31 tamén foi accidentada

Ademais da irregularidade nos nomeamentos de substitutos da candidatura da APA, cesados por deixar de ser traballadores da UDC. Ademais da RPT de PAS laboral os claustrais que interviñeron fixérono, en moitos casos de xeito crítico.

 

Resumo dalgunha das intervencions

Santiago Pellit, traballador ao que lle tiveron que recoñecer a súa consideración como persoal con contrato indefinido, despois de denunciar o seu despedimento no contrato de convenio de investigación que desenvolveu durante anos. Este traballador denunciou a súa situación precaria, fixo unha notificación explícita na sesión ao Reitor e reclamou a resolución do seu caso.

A residencia universitaria foi un dos eixes da polémica. Os estudantes presentaron unha proposta de resolución ao respecto que non foi votada e que se verá no vindeiro Consello de Goberno, criticaron que, cando se fala de aloxamento, sempre se pensa nos alumnos estranxeiros sen que apareza a importancia que ten para os alumnos galegos que teñen que pagar abusivos alugueres.

Varios dos claustrais insistiron neste asunto. Nalgún caso recrimináronlle ao Reitor a súa falta de contundencia á hora de pedir que se construíra o inmoble replicou contundentemente: "Só me falta saír á rúa cun megáfono a chamar mentireiro ao conselleiro"

Os alumnos criticaron, tamén, a submisión da Universidade aos ditames económicos da Xunta.

Outro aspecto atacado polo alumnado foi o Espazo Europeo de Educación Superior (o Plan Boloña) os membros deste sector coincidiron en que o cambio supoñerá unha perda de calidade no ensino.

Sen dúbida foi Alejandro Pazos o máis contundente á hora de facer a análise da situación da Universidade:

Acusou ao Reitor de recoñecer, en círculos restrinxidos, que non quere a facultade de Mediciña.
Criticou que a UDC sexa a única sen Campus de Excelencia despois de intentalo chapuceiramente por dúas veces.
Criticou a situación do PDI asociado indicando que, nalgún caso se lle facía contratos por mes.
Referiuse a que o actual Reitor non tivera unha oposición real durante estes anos. Atribuíulle a falta de oposición a que a CIG dixo (debería referirse á CAP) pasase de ter a maioría absoluta no claustro en representación do PAS a ter só 3 representantes. Isto foi respondido por Felipe que lle recordou que para que el estivese presente tiveron que dimitir dous representantes, lembráronse entre eles o número de votos obtidos e a súa porcentaxe.

Jordy Delgado, criticou o uso das instalacións universitarias con finalidades políticas e reclamou claridade nas infraestruturas poñendo como exemplo o CITEEC.

Algún docente criticou o sistema de alianzas de Nova Luce nos centros que os levou, nalgún caso, a acordos antinaturais cos seus antigos inimigos.

Julio Abalde indicou pola súa parte que Boloña non foi elixida, a adaptación era obrigada e fíxose consensuando cos centros. Por outro lado indicou que A Coruña forma parte dos Campus de Excelencia galegos, verase ao se reunir, proximamente, o Consello Reitor do Campus do Mar onde estará a UDC.

Felipe incidiu na evolución positiva para o PAS e máis en concreto para o PAS funcionario na etapa do actual Reitor, indicando que a RPT do ano 2008 e os concursos derivados dela, aínda con retrasos, estanse a cumprir axeitadamente.

Narciso de Gabriel dixo que sendo de Nova Luce entende que se foi pouco críticos. Pronunciouse a favor da solución para a problemática do PAS laboral.

Santiago Roura, Dixo que a situación do PAS laboral non se pode enquistar, reclamou a realización da RPT e a execución das convocatorias de oposición do PAS laboral.

O Reitor, pola súa parte manifestou que se reunira en varias ocasións co Comité de Empresa acordando cousas que logo non se levaban á práctica polo rexeitamento dos traballadores.

A Xerencia indicou que, en anos anteriores, non houbo RPT  por consenso coa representación dos traballadores que acometeron a funcionarización pretendendo que no seu proceso se realizasen tanto as promocións como a execución da do ano 2005. Que na RPT de 2009 xa se advertira da situación económica, e que o empeoramento da situación fixo imposible, até o momento, poder proporcionar unha alternativa.

Vicerreitor de infraestruturas referiuse a que obras do equipo anterior carecían de licenza, que o conflito do CITEEC derivaba das amplas pretensións da empresa que conseguira a obra que incumpre as cantidades polas que licitara.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript