marzo de 2011
 
 

28/03/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Proxecto de Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación

O proxecto de Proxecto de Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación aprobouse no Congreso dos deputados, pasa agora ao Senado onde, sendo malo, é susceptible de empeorar si se lle introducen máis emendas.

 

A Lei, substituirá á vixente Lei de Investigación Científica e Tecnolóxica de 1986.

Partía da Pretensión de:

  • Deseñar unha carreira profesional atractiva para os investigadores e as investigadoras.
  • Establecer un sistema de I+D+i estable, flexible e eficiente.
  • Contribuír ao desenvolvemento dunha sociedade baseada no coñecemento.

 


Pero a Lei aprobada non só non resolve senón que afonda na precariedade dos investigadores.

 

  • Mantén carencias esenciais, como que non asegura a carreira continuada do persoal investigador nin a estabilidade no sistema.
  • Non resolver o grave problema de precariedade existente no sector.
  • Non contempla a carreira para o conxunto do persoal de investigación.
  • Mantén a dualidade das dúas axencias de financiamento -unha para investigación e outra para innovación.
  • O sistema público oriéntase, esencialmente, cara o sector produtivo.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript