Tivemos que desenterrar o cadaleito que, no seu día, utilizamos para protestar contra a modificación dos estatutos.
O día 25 a folga do PAS laboral fíxose sentir no desenvolvemento normal de toda a actividade da UDC, mesmo no Claustro o propio Secretario Xeral así o fixo patente ao non haber o persoal de apoio habitual nestes actos.
Unha marea de descontento percorre a UDC, comezou no PAS laboral agora esténdese a todos os colectivos.
O PAS funcionario ven de facelo patente nas eleccións á Xunta de Persoal onde a candidatura que busca a participación colectiva na toma de decisións, aínda sendo a primeira vez que se presenta, tivo o maior número de votos.
O paro do día 25 de marzo non pasou desapercibido nos medios de comunicación.
A Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras estivo de novo nas rúas contra a criminalización da loita sindical.
As circunstancias económicas ás que nos estamos a enfrontar posibilitan que sexan os sindicatos combativos, de clase, galegos e asemblearios como o noso os que saian fortalecidos.
Os dous partidos estatais maioritarios xa decidiron que o seguinte que toca é rebaixar salarios. A negociación sobre convenios colectivos vai ser decisiva. O presidente do goberno do estado xa recibiu a empresarios e aos sindicatos maioritarios, a uns, aos empresarios, para dicirlles que ía defender, unha vez máis os seus intereses, e aos sindicatos para indicarlles por onde van as novas decisións xa tomadas a nivel europeo coa finalidade de que as vaian dixerindo.
A crise actual non só afecta o mercado laboral ou á rebaixa de salarios, senón que tamén está a incidir en aspectos tan fundamentais como o prezo dos alimentos que, segundo os últimos informes da Organización Mundial da Alimentación (FAO), sitúase nos seus niveis máis altos desde que en 1990 comezáronse a dar datos. Son moitos os factores que inflúen nese incremento, pero varios expertos xa sinalaron que os territorios e poboacións cunha importante produción agrícola poderán superar mellor esta situación.
Transcorreron doce días dende o pasado 11 de marzo e aínda é imposible comprender a magnitude da traxedia que está a azoutar a Xapón. O número de historias persoais con desenlaces tráxicos non ten fin.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript