marzo de 2011
 
 

28/03/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

O PAS laboral unido pola dignidade colectiva

Tivemos que desenterrar o cadaleito que, no seu día (fai moitos anos), utilizamos para protestar contra a modificación dos estatutos.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

O día 25 a folga do PAS laboral fíxose sentir no desenvolvemento normal de toda a actividade da UDC, mesmo no Claustro o propio Secretario Xeral así o fixo patente ao non haber o persoal de apoio habitual nestes actos.

Demos unha resposta colectiva a un problema do colectivo, se non se nos escoita deste xeito probaremos doutros, non imos parar.

Non descartamos outras medidas de forza máis contundentes, noutras ocasións fixémoslle unha visita ao reitor de turno no seu despacho ao mellor tamén temos que presentarlle os respectos a este.

Se temos que facelo, farémolo, sempre deixando claro que é o propio reitor o que nos obriga, ao non cumprir os compromisos adquiridos.

A paciencia ten un límite.









CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript