marzo de 2011
 
 

28/03/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

O Claustro sae respondón

Nun Claustro Constituínte, accidentado desde o comezo (debido á folga de PAS non había, entre outras cousas, micros) ao sr. Reitor non se lle permitiu nin presentar sequera a Memoria de Xestión do ano 2010 que con tanto afán preparara que lle levou a ter que “colgala” na páxina web institucional o día anterior. Tampouco se lle permitiu aprobar as actas de sesións anteriores.

 

Aínda que as eleccións a Reitor serán a finais de ano, o día 25 púxose en marcha oficialmente a campaña electoral. Os posibles candidatos, cada un ao seu estilo, competiron dende os seus escanos co actual reitor.

O actual equipo, se non decide o substituto de Barja en próximos días pode saír seriamente prexudicado no proceso.

Soubemos, estes días, que ao candidato Recuero se lle impide utilizar as listas de distribución oficiais para difundir os seus comunicados. Non somos da súa órbita, a súa alternativa quédanos moi lonxe pero pensamos que, como candidato, debe ter a posibilidade que os medios da Universidade lle poidan proporcionar para expresarse. Dicímolo porque a democracia é iso. Que todos poidan difundir as súas mensaxes e despois os electores/as decidamos.

A Memoria e as actas discutiranse e, no seu caso, aprobaranse nunha nova sesión do Claustro convocada para o xoves día 31.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript