28/03/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
A culpa é de Barja
Está claro que se poden alcanzar as metas que nos
propoñemos. Todo está asinado, non fai falta máis que se
cumpra, levamos agardando seis anos. Se non actuamos o
asinado non servirá para nada. Pasaron os anos de
prosperidade, aló polo
Unidade!
É moi difícil que unha vez comezado o conflito
retomar as circunstancias anteriores. É normal
que as pelexas distancien. Nesta situación
ténsanse as relacións e, cada vez é máis
difícil recompoñer as cousas. Na contenda hai
dúas partes, unha poseedora dos medios para
solucionar o problema e outra que reclama esa
solución. A que posee a forza inicial, a de
poder outorgar, é a que ten que abrir a man. A
parte que reclama só ten a forza da unidade, só
xuntos podemos facer que a Universidade faga
concesións.
Temos que espertar.
Compañeiros e compañeiras das conserxerías, dos
servizos informáticos, de deportes, dos
laboratorio, de obras…, temos que dar a cara,
temos que aparcar as diferenzas, os medos, o
colectivo precisa do esforzo de todos e todas,
se queremos constituírnos como tal. Se non o
facemos estamos perdidos. Xuntos podemos,
individualmente poden impoñernos as condicións
que queiran, colectivamente somos unha forza
perigosa.
Reflexións sobre o desastre nuclear en Xapón
Penso que as nucleares son, por principio,
inseguras e isto debería eliminalas do planeta
pero tras a catástrofe de Xapón, pregúntome
como é posible que se dean nun mesmo país estas
tres circunstancias: ser o único que sufriu
ataques nucleares na súa historia, ser ao mesmo
tempo un dos países máis nuclearizados do mundo
e ser tamén o país de maior risco sísmico do
planeta. Se a ninguén se lle ocorre, por
exemplo, levantar fábricas de explosivos nun
deserto tórrido con temperaturas extremas, como
é posible que ninguén levantase a voz ante a
proliferación nuclear no país que sofre máis
terremotos do mundo?
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript