marzo de 2011
 
 

21/03/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Patrick Le Hyaric, Europa: Alerta vermella

Prepárase, nos cenáculos europeos un verdadeiro golpe antidemocrático e de aceleración da destrución das nosas adquisicións sociais, indo máis alá do que podiamos imaxinar tras o Tratado de Lisboa.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

O documento, datado o 25 de febreiro de 2011, que actualmente se encontra en mans dos gobernos, bautizado: "Cooperación para as melloras das políticas económicas na zona euro. Principais elementos e conceptos" revélao. Contén un horrible arsenal dunha horrible ofensiva antisocial que corre o perigo de afectar a traballadores, mozos, xubilados, nos próximos meses. Este documento, ocultado aos cidadáns, está destinado a preparar o Consello do Euro do 11 de marzo e o Consello Europeo do 25 e 26 de marzo.

Unha integración da economía europea aínda maior.

Constitúe a última moenda do Pacto de competitividade sobre o cal a prensa económica intentou facernos crer, os últimos días, que será rebaixada. Non se fala nin da creación de emprego nin de desenvolvemento industrial e agrícola, nin dos servizos públicos nin da mellora do poder adquisitivo. Comeza con estas liñas, que afirman a súa elección política: "o pacto pretende afondar o piar económico da unión monetaria favorecendo a converxencia entre as economías da zona euro". Así, proxéctase unha maior integración capitalista na Unión Europea. En realidade, trátase dun pacto franco-alemán para dirixir a economía europea, a partir dos países da zona euro, cos criterios dos dirixentes da dereita alemá, e en resposta á demanda do capital europeo.

Aquí só enumero certo número destas graves e pesadas decisións que se están a preparar.

Pídese competir máis nos salarios simplemente mediante o mecanismo de axustar os salarios no sector público (moderación salarial, chámano) desmantelar os sistemas de xubilación pública e atrasar a idade de xubilación. Esta prevese nun primeiro momento para os 67 anos. Fronte ás protestas, o texto chama a "axustar a idade de xubilación á esperanza de vida, reducindo as xubilacións anticipadas e utilizando incentivos para permanecer máis tempo traballando,".

Promover a precariedade como norma no emprego

Os primeiros estudos sobre o proxecto de Sarkozy de harmonización da fiscalidade entre Francia e Alemaña inclúen un aumento do imposto sobre os ingresos en Francia. Este documento adxunto "privilexia a taxación do consumo mediante a fiscalidade indirecta", a máis inxusta, como todos sabemos (versión europea do IVE social). En contra, buscarase unha base impoñible común do imposto para as empresas, así pois unha baixada dos impostos destas últimas en Francia.

En canto ao traballo, pídese aplicar universalmente a "flexi-seguridade", é dicir, promover a precariedade como norma de emprego. O Consello Europeo quere tamén se ocupar do xeito en que deben ser dirixidas as "negociacións sociais", chegando a preconizar "a revisión dos dispositivos de fixación de salarios" para "aumentar a descentralización nos procesos de negociación e o mecanismo de indexación. Así haberá máis negociacións colectivas globais, pero tamén maiores fragmentacións por sector e mesmo por territorio.

O proxecto do Consello Europeo pide "eliminar toda restrición de apertura dos comercios que se basee en criterios de horarios ou xeográficos". Dito doutro modo, os comercios estarán abertos obrigatoriamente os domingos e máis se é necesario. En canto aos sectores e profesións que estaban protexidos por cotas, como as farmacias, os taxis, os notarios, os veterinarios, os perruqueiros, os arquitectos etc... serán abertos e competitivos. É, por outro lado, o que propoñía o informe Attali.

O texto que nos ocultan inventa o concepto "freo de débedas". Este será obtido polo control a priori dos presupostos dos Estados, os presupostos sociais, polo Consello ou a Comisión contra os Parlamentos nacionais. E por primeira vez formúlase nun texto de orixe europea a necesidade de modificar as constitucións nacionais para inserir a prohibición de producir déficit.

Para demostrar ben a súa vontade de ferro, o tándem Sarkozy-Merkel, quere que "cada Estado membro da zona euro debe poñerse de acordo para definir ao máis alto nivel (é dicir, ao nivel de presidentes de goberno, deixando así de lado ao Consello e ao Parlamento) os obxectivos concretos a alcanzar nos próximos 12 meses. "

Debemos parar este horrible proxecto de guerra antisocial e antidemocrático

É pois urxente! Temos de parar rapidamente este horrible proxecto de guerra antisocial e antidemocrático. Mentres que os pobos se liberan neste momento das ditaduras, as institucións europeas, elas, desexan como nunca instalar as ditaduras das finanzas contra os dereitos sociais e humanos.

Mobilicémonos como o fixemos contra a directiva Bolkstein e o Proxecto de Constitución europea. Contra un tal ataque predefinido, todas as forzas progresistas políticas e sociais teñen o deber de traballar para unir todas as capas sociais na súa diversidade. Todos se van ver afectados de forma grave e dun novo xeito grazas a este pacto asinado polas potencias financeiras. O 20 de marzo, uns días antes da reunión do Consello Europeo, o conxunto de candidatos de Front de Gauche nas eleccións cantonais permitirá opoñerse, mediante un rexeitamento categórico, a este proxecto.

l'Humanité
Firgoa

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript