
Non podemos permanecer
impasibles mentres o noso colectivo sofre a máis infame das marxinacións.
Non podemos permanecer impávidos vendo como outros colectivos próximos a
nós asinan convenios, conseguen RPT’s e promocións e o noso leva seis
anos agardando por unha Relación de Postos que posibilite as
reivindicacións históricas: rematar coa precariedade, avanzar na
profesionalización (estruturar un colectivo ao marxe dos vaivéns
políticos), que se cumpran os compromisos establecidos en documentos
asinados polo equipo de goberno.
Este equipo reitoral demostrou ás claras que pretende do PAS a submisión
absoluta, non soporta que rexeitemos as migallas que nos puxeron enriba
da mesa coa RPT que levamos ás asembleas
Esta semana conclúe o proceso electoral, a campaña está que ferve.
Estes días veredes, arredor dos vosos postos de traballo, unha morea de
candidatos ofrecendo alternativas.
Non queremos entrar no “mercadeo”. A APA ten alternativas, claro que si!, pero ten como finalidade algo importantísimo que a fai diferente das demais candidaturas.
Como sabedes a SGAE cobra, indebidamente, o canon por cada
elemento hardware que a Universidade merca. A institución pode reclamar
as cantidades cobradas indebidamente.
Isto foi sinalado, no seu día, polo representante do PAS no Consello de
Goberno. De momento, que saibamos, a UDC non iniciou ningunha acción
neste sentido.
Raudos nos descontos lentos nestas cousas.
Un estudo da Universidade Complutense, que analiza o impacto das reformas laborais dos últimos 30 anos e as condicións de vida das novas xeracións, asegura que estas reformas son a orixe e a causa do modelo de desenvolvemento actual, baseado na explotación dos máis novos.
Prepárase, nos cenáculos europeos un verdadeiro golpe antidemocrático e de aceleración da destrución das nosas adquisicións sociais, indo máis alá do que podiamos imaxinar tras o Tratado de Lisboa.
A plataforma unitaria convocará concentracións simultáneas para o vindeiro 17 de maio ao mediodía “para que o clamor social en defensa do galego chegue a todos os recantos do país”.
Previamente, o 30 de abril terá lugar un grande acto nacional en Compostela para reivindicar “a forza da lingua” a través da palabra e da música.
ASEMBLEAS:
Despois das asembleas.
O día 15 ás 10:00, reunión do Comité de
Empresa
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript