07/02/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Todo custa.
Educáronme na idea de que todo na vida custa, se queres algo
terás que pelexar por conseguilo. O tempo demostroume que
era, xeralmente, certo, que case nada é gratuíto. Se este
principio rexe a xeneralidade do noso devir no aspecto
laboral é unha máxima de inevitable cumprimento. O que
ostenta o poder cústalle compartir parte dese poder, dos
cartos… Os bos sindicalistas sábeno ben. No que está a
acontecer na UDC demóstrase unha vez máis. Uns por
proximidade, outros por amizade… van recollendo o que os
seus poderosos amigos lles van poñendo no prato, a outros
tócanos pelexar porque na nosa cunca tamén poñan algo. Mans
á obra. Imos conseguilo.
A historia repítese.
O outro día chegou ás miñas mans un programa
electoral para o Claustro do ano 2001. Naquel
folleto reivindicábanse, tamén, as RPT,
indicábase que, entre unha e outra, pasaran
cinco anos. Naquel tempo o goberno da
universidade recaía noutro reitor, agora van
seis anos sen que o PAS laboral teñamos unha
Relación de Postos de Traballo. Está claro que
a historia escrébese para repetila, e, ás veces
empeorala.
Isto é o comezo
Isto non fixo máis que comezar. A situación,
supoño, non se arranxará cunha única acción.
Traballo lles custou noutros sitios como Vigo
onde tiveron que facer non unha batalla senón
unha guerra para conseguir o convenio. Non digo
todo isto para desanimar, todo o contrario, non
nos podemos desanimar porque non saia á
primeira, teremos que seguir e seguir, insistir
as veces que faga falla para conseguir as
aspiracións de fai moitos anos.
Nin un paso atrás.
En xogo está a nosa dignidade, o peso do
colectivo, que cando se vaia á xerencia ou a
falar co reitor entenda que detrás dos
interlocutores está verdadeiramente todo o PAS
laboral. Se agora non actuamos non nos queda
nada que reclamar, non habería forza moral para
a representación colectiva sería unha razón
máis na mochila para non ternos en conta, para
illarnos aínda máis. Temos que responder todos
a unha.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript