marzo de 2011
 
 

21/03/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Xunta de PAS funcionario. Chegou o momento

Esta semana conclúe o proceso electoral, a campaña está que ferve

 

  • Noticias relacionadas

 

Estes días veredes, arredor dos vosos postos de traballo, unha morea de candidatos o ofrecendo as súas alternativas.

Non queremos entrar no “mercadeo”. A APA ten alternativas, claro que si!, pero ten como finalidade algo importantísimo que a fai diferente das demais candidaturas.

O eixo fundamental da Alternativa de PAS Asemblearia é que poidas contrapoñer a túa opinión coa do resto dos compañeiros/as e que a toma de decisións se faga en conxunto. Que ti teñas a capacidade de tomar as decisións que che afectan directamente.

Tamén, por primeira vez na historia do colectivo, os compañeiros/as dunha candidatura asinan un compromiso persoal que os vincula a un xeito de actuar.

As/os compoñentes da APA asinaron un contrato que os compromete individual e colectivamente co colectivo.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript