21/03/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O espectáculo insulso, irrelevante para a clase traballadora galega que non agarda nada dos políticos que debaten no parlamento como tertulianos dunha mala cadea televisiva trouxo consigo uns poucos acordos e unha chea de desacordos e acusacións mutuas.
Nós, polo xeral xa
escépticos, sómolo moito máis con estes
políticos que demostran dun xeito cotiá a súa
lonxanía e desprezo en moitos casos cos
cidadáns aos que din representar.
Un deses magnos acordos, que nos cremos moi
pouco, afecta ás universidades e, de rebote,
debería afectarnos aos traballadores e
traballadoras. Non confiamos na súa aplicación.
A noticia é a seguinte:
Os tres grupos aprobaron unha resolución do
PSdeG para instar á Xunta a comprometerse coas
universidades galegas para incrementar de forma
graduada a asignación de recursos públicos ata
superar o 1% do PIB galego.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript