marzo de 2011
 
 

14/03/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Reláxense e gocen: é só un 'stress test'

"Podes ter resentimento, pero tes que desexar que lle vaia ben aos teus ricos, porque iso empurra a todos cara a arriba. " -Luisa Kroll, editora da revista Forbes-

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Talvez non se decataron, pero nas dúas últimas semanas sometéronnos a probas de resistencia. Si, como os famosos 'stress test' para os bancos, pero neste caso para nós, para os traballadores. Trátase de comprobar a nosa capacidade de aguante, para saber que resistencia temos (se é que nos queda algunha) antes de pasar á seguinte fase de reformas e axustes.

Aínda Que nin os recortes do último ano, nin os billóns destinados en todo o mundo a salvar o sector financeiro, nin a facilidade con que se foron de rositas os responsables da crise encontraron ata agora moita reacción nos traballadores (unha folga aquí, outra alá, unhas cantas manifestacións, pero todo illado e descontinuo), aínda debe de haber quen tema que en calquera momento prenda o " Indignádevos! ", e acábensenos inchando os narices de todo. Así que, para comprobar se estamos a punto de estalar ou máis ben desinchados, decidiron facernos unhas sinxelas probas de resistencia.

O test foi moi doado: trátase de acumular nuns poucos días unhas cantas noticias indignantes, e esperar a ver como reaccionamos. As noticias foron: o aumento dos beneficios das grandes empresas e a gran banca no último ano (con marcas históricas de ganancias nalgúns casos); o aumento medio dun 20% nas retribucións dos altos executivos das compañías que cotizan no IBEX (ata gañar case un millón de euros ao ano de media); e a publicación da lista Forbes, onde comprobamos que os supermillonarios gañaron máis aínda (19 dos 20 primeiros da lista aumentaron a súa fortuna, e hai 214 novos milmillonarios).

Xa está, era só iso: expoñernos a unhas cantas noticias que de por si son insultantes, pero que nas actuais condicións de paro, empobrecemento e recortes sociais, poderían incendiar as rúas. Pero xa ven que, non que superamos o 'stress test' con sobresaínte, sen inmutarnos. Alégrome de vernos tan tranquilos. Proba superada, está claro que aguantaremos o que nos boten.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript