14/03/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Hai días o xornal La Voz de Galicia facíase eco dun debate presente nos cafés das universidades: que facer, en tempos de crise, coas carreiras minoritarias?
A consellería, claro, nesta aloucada austeridade
que non distingue entre lóxica e precipitación,
lánzase ao debate a ver se aforra uns euros. O que
moito estraña é que nesa vocación de aforro a
ninguén se lle ocorreu falar de que Galicia ten
tres universidades (¡tres!) para pouca xente, pouco
traballo, poucos recursos e moito profe. E insinúan
que unha enxeñería superespecífica debería ter máis
de 20 alumnos? Deben de pensar que somos todos
parvos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript