Número 74 - 14 de marzo 2011
 
 
UNIVERSIDADE

    Non nos deixan alternativa. Para conseguir que se aplique o establecido nos Estatutos da Universidade, no Convenio Colectivo, para facer que o sr. Reitor cumpra os compromisos adquiridos no seu programa electoral temos que pasar á acción.

    O 25 de marzo, tal e como se acordou nas asembleas, temos unha cita transcendental para reivindicarnos como colectivo, para que neste maremagnum de colectivos que formamos a Comunidade Universitaria se nos teña en conta.

UNIVERSIDADE

    As compañeiras e compañeiros que integran a candidatura APA (Alternativa de PAS asemblearia) asinan unha declaración de principios, demostran, deste xeito, non só o compromiso conxunto senón tamén a súa implicación persoal cos principios que rexen tanto o seu nacemento como candidatura, como o que será o seu xeito de actuar se o conxunto do PAS funcionario lles outorga a súa confianza. A nosa confianza, coñecedores da súa integridade persoal, xa a tiñan.

10 DE MARZO, DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

    Amador e Daniel foron mortos hai 39 anos polo fascismo español, foron asasinados por defender os intereses da clase obreira, da súa clase. Pasaron eses 39 anos, anos nos que facemos memoria deles, e as cousas non mudaron; os lobos vístense con pel de cordeiro para reprimir aos traballadores e ás traballadoras que pelexan polos seus dereitos.

CUT - REPRESIÓN SINDICAL

    O venres día 11 de marzo, a CUT ofreceu unha rolda de prensa no seu local sindical de Vigo para informar da situación dos compañeiros detidos e ofrecer unha valoración dos ataques que estamos a sufrir como central sindical. Na devandita rolda de prensa estiveron compañeiros e compañeiras do Secretariado Nacional e da Executiva Comarcal de Vigo.

LABORAL

    Os sindicatos maioritarios, unha vez máis, convidados de pedra diante das políticas impostas polo goberno do estado español.

    Os sindicatos cos seus cus quentan as cadeiras das mesas de negociación, neste caso da negociación colectiva. Ao final non van ter moito que pactar, as políticas están decididas.

GALEGO

    O Parlament de Catalunya aprobou o pasado mes de setembro a Lei 35/10, de 1 de outubro, que regula o uso oficial do occitano, aranés de Arán, nas institucións propias da Vall d’Aran e da Generalitat. Esta lei fai da Vall d’Aran o único territorio oficialmente trilingue de todo o Estado.

    Gustaríanos que os organismos competentes da Junta de Estremadura tivesen unha sensibilidade semellante coas variedades esencialmente galegas do Val do Ellas. O mesmo os gobernos de Asturias e Castela-León co galego do Eo-Navia e do Bierzo e As Portelas, con milleiros de falantes nunha situación de forte minorización.

TRAXEDIA NO XAPÓN

    Aínda sen cifras oficiais de mortos e desaparecidos que recollan a verdadeira magnitude do que acontece no Xapón, a traxedia ofrece unha vertente que non pode pasar sen a reflexión oportuna.

    O tsunami e os terremotos que arrasaron Xapón poñen de manifesto, unha vez máis, a imposibilidade de que as centrais nucleares sexan seguras ao cento por cento.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Hai días o xornal La Voz de Galicia facíase eco dun debate presente nos cafés das universidades: que facer, en tempos de crise, coas carreiras minoritarias?
 8 DE MARZO
    Moi afastadas dos actos institucionais, mais tamén dos protocolarios do feminismo ben visto polo sistema, as traballadoras organizadas na CUT estiveron este 8 de marzo nas rúas de Galiza xunto aos movementos feministas máis activos e anticapitalistas.

 CONSUMO - SAÚDE
    En pleno vórtice de aforro de enerxía -110 en autoestradas e autovías, pneumáticos de baixo consumo, recorte de horas de iluminación pública-, o Ministerio de Industria recomenda as lámpadas de baixo consumo, que «representan un grave perigo polo seu alto contido en vapor de mercurio», segundo o doutor Rodríguez Farré, membro do comité científico da UE sobre novos riscos para a saúde. Farré dirixiu durante moitos anos o departamento de farmacoloxía e toxicoloxía do CSIC en Barcelona.
 LABORAL
    As horas extraordinarias, son unha das constantes históricas do mercado de traballo no estado español. Moitos traballadores vense forzados a relizalas en moitos casos, sen beneficio económico algún. Unha enquisa do Instituto Nacional de Estatística (INE) revela agora que soamente no último trimestre do ano 2010 os traballadores/as do estado realizaron un total de 5.574.900 horas fóra da súa xornada laboral cada semana.
 OPINIÓN. Isaac Rosa
    Talvez non se decataron, pero nas dúas últimas semanas sometéronnos a probas de resistencia. Si, como os famosos 'stress test' para os bancos, pero neste caso para nós, para os traballadores.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Vindeiras actuacións do Comité

ASEMBLEAS:

Despois das asembleas.
O día 15 ás 10:00, reunión do Comité de Empresa

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript