marzo de 2011
 
 

14/03/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

As horas extra poderían xerar 140.000 empregos

As horas extraordinarias, son unha das constantes históricas do mercado de traballo no estado español. Moitos traballadores vense forzados a relizalas en moitos casos, sen beneficio económico algún. Unha enquisa do Instituto Nacional de Estatística (INE) revela agora que soamente no último trimestre do ano 2010 os traballadores/as do estado realizaron un total de 5.574.900 horas fóra da súa xornada laboral cada semana.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Máis de 5,5 millóns de horas traballadas a maiores das 8 habituais en só catro meses. De dividirse a cantidade de horas semanais entre xornadas de 40 horas, o resultado evidencia que se están solapando uns 140.000 empregos. É dicir, se os traballadores non continuasen coas súas tarefas máis aló do seu horario prefixado, xeraríanse ao redor de 140.000 empregos.

Nun contexto no que o paro oficialmente rolda xa os 4,3 millóns de persoas, 140.000 empregos suporían un alivio para as contas do Estado, que mes a mes busca unha mellora na estatística que, de momento, non logrou tras unha reforma laboral e un plan de emprego urxente. As cousas non van ben.

As empresas recorren a este método, que en case a metade das ocasións non pagan aos empregados, para non botar man de novo persoal e aforrar así os custos propios dun posto de traballo. Moitas destas horas, en concreto o 53,8% das realizadas no estado no último trimestre do ano pasado, foron remuneradas.

A redución do emprego nas empresas e o medo a perder o posto de traballo pola situación económica xeral son as explicacións para que unha importante porcentaxe de empresas continúe sen remunerar este concepto aos empregados, que, en vésperas do Día da Clase Traballadora, tratan de esquivar a estatística do paro do próximo mes e, moitos deles, o rexistro de ERE na súa comunidade.

Neste contexto, as horas extra continúan sendo unha das características máis identificativas do mercado laboral da que o empresariado vota man sen ningún rubor prexudicando directamente a creación de emprego. Contra esta lacra os gobernos, faltaría máis, non actúan.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript