marzo de 2011
 
 

14/03/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

O PAS laboral no camiño da súa dignificación

Non nos deixan alternativa. Para conseguir que se aplique o establecido nos Estatutos da Universidade, no Convenio Colectivo, para facer que o sr. Reitor cumpra os compromisos adquiridos no seu programa electoral temos que pasar á acción.

 

  • Noticias relacionadas

 

O 25 de marzo, tal e como se acordou nas asembleas, temos unha cita transcendental para reivindicarnos como colectivo, para que neste maremagnum de colectivos que formamos a Comunidade Universitaria se nos teña en conta.

A RPT ten máis dunha vertente, ademais de ter que recoller a Transitoria II e reflectir os postos necesarios para o desenvolvemento dos obxectivos propios da institución, debe ser o marco onde se estruture o colectivo, de xeito que desapareza o intrusismo de PDI, bolseiros, contratos que se están a formalizar a través do Capítulo VI e que a contratación de servizos externos desapareza.

O Colectivo de PAS laboral  ten que dotarse dunha estrutura semellante á do persoal funcionario, os servizos teñen que ter unha estrutura profesionalizada e organizada de xeito piramidal que faga desaparecer a presenza de persoal docente na cúspide desa estrutura organizativa e posibilite, ao mesmo tempo, a promoción de traballadores e traballadoras.

Este é un dos obxectivo do Comité, a estabilización estrutural dun colectivo na actualidade disperso e sen dirección propia ou absolutamente precaria.

O 25 é o día no que decidimos citarnos para demostrarlle á Universidade que, como colectivo, temos dereitos que non poden retrasar en executar. Non podemos pasar por menos, se non é agora cando?.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript