marzo de 2011
 
 

14/03/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

ZP claudica, de novo, ante Merkel e axustará salarios á produtividade

Os sindicatos maioritarios, unha vez máis, convidados de pedra diante das políticas impostas polo goberno do estado español.

Os sindicatos cos seus cus quentan as cadeiras das mesas de negociación, neste caso da negociación colectiva. Ao final non van ter moito que pactar, as políticas están decididas.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Así llo fixo saber o presidente do goberno do estado español nunha carta ao presidente permanente do Consello Europeo, Herman Van Rompuy, na que apoia axustar os salarios á produtividade, unha das medidas incluídas no Pacto polo Euro que aprobarán este venres os líderes da eurozona a petición de Alemaña.

"Debemos centrarnos principalmente en eliminar as rixideces das economías domésticas. Isto implica prestar atención ao mercado laboral, aliñando salarios e produtividade, e incrementando a empleabilidade e a formación da nosa forza laboral", afirma Zapatero na súa misiva, na que reitera o seu respaldo a este Pacto.

O presidente do goberno sinala ademais que "a apertura dos sectores protexidos é de vital importancia" e avoga por unha "maior liberalización de sectores moi vinculados ao conxunto da economía, como os servizos profesionais, o de enerxía ou o da economía dixital".

Na carta, Zapatero reclama dar un maior papel á Comisión á hora de avaliar as reformas que cada país elixa o Pacto

Os sindicatos “amigos”, xa están preparando a escusa para xustificar unha nova traizón aos intereses da clase obreira.

Xa sabemos o proceso: 1º radical posicionamento en contra. 2º inicio de negociacións. 3º sinatura presentándoa como o “mal menor”, ou avance. A letanía e coñecida, a traizón tamén

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript