07/02/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Todos a unha.
O Comité explicouse nas asembleas, como noutras veces
ningunha voz discordante. Na tesitura nas que nos colocaron
non temos alternativa. A cousa só ten unha saída a de
demostrarlles un colectivo responde unido diante da
discriminiación a que o someten os/as que nos gobernan.
Temos a oportunidade de que nos vexan máis compactos que
nunca, temos que facerlles ver que non nos poden marxinar
máis. Se o
conseguimos pensaranse máis dunha vez continuar por este
camiño, senón o que sucederá sabémolo todos.
Sen posibilidade de erro
A situación está moi complicada, a situación
económica a nivel xeral coñecémola, a escusa
está servida. O caso é que aínda nesta
situación non podemos facer máis concesións, se
non é agora pode que non sexa nunca.
Ou conseguimos que se cumpra o comprometido ou
xa nos podemos esquecer. Xa lles demos tempo
suficiente para arranxar unha situación que, se
non é agora, enquistarase definitivamente. Non
podemos agardar máis.
Todos afectados
Aínda que hai compañeiros e compañeiras
directamente afectados polos incumprimentos do
equipo que nos goberna, todos estamos
afectados. Por un lado xogámonos a
consideración do colectivo e por outro a RPT.
Temos que obrigarlle ao reitor a cumprir o
comprometido no programa. Imos permitir que o
noso colectivo sexa o pozo onde se enterren os
contratos irregulares, as externalizacións e os
contratos máis precarios e sen dereitos?. Como
imos promocionar se non postos aos que poder
optar?.
Esperan que fracasemos
Todos os ollos nos observan, uns agardando que
teñamos éxito na mobilización, outros, como
voitres preeiros agardando o fracaso para
facerse cos despoxos. Temos que demostrar que
non retrocederemos, que queremos dirixir a
política dos que gobernan a universidade ao ben
do colectivo. Non podemos caer no desalento nin
no desánimo nin sequera na compracencia coa
situación, está nas nosas mans facerlles dar un
xiro no seu xeito de actuar e que se nos teña
en conta.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript