marzo de 2011
 
 

07/03/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

A xustiza só para ricos

O Consello de Ministros aprobou o proxecto de Lei de Axilización Procesual, que eleva a contía para recorrer por esta vía ao Tribunal Supremo, na xurisdición Civil e do Contencioso-Adminitrativo, de 150.000 a 800.000 euros, o que reducirá drasticamente o número de recursos de casación que estudará o alto tribunal.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

O vicepresidente primeiro do Goberno e ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, destacou que con esa reforma se axilizarán "os procesos civís e contenciosos". "A Xustiza preocúpanos polos cidadáns e pola economía", agregou en referencia ao citado proxecto de lei e ao tamén aprobado hoxe para regular o uso das novas tecnoloxías na Xustiza.

O Goberno informou de que o proxecto de axilización procesual está "destinado a axilizar e facilitar o funcionamento dos tribunais civís e contencioso-administrativos, dúas ordes xurisdicionais fundamentais para a actividade económica,".

Entre as medidas que inclúe a reforma figura eliminar a apelación nos xuízos verbais por contía inferior a 6.000 euros. Un punto que foi moi discutido por catedráticos de Dereito Procesual e polas asociacións xudiciais. Só a conservadora Asociación Profesional da Maxistratura (APM) declarou a Público estar a favor. O seu voceiro, Pablo Llarena, considera "obvio adecuar a entrada de asuntos ás posibilidades reais dos tribunais".

O voceiro de Xuíces para a Democracia, José Luis Ramírez, critica a reforma porque potenciará sentenzas firmes "contraditorias" nos xulgados de primeira instancia, que están saturados de traballo, o que producirá "inseguridade xurídica".

Dende o Ministerio de Xustiza fíxose fincapé en que o anteproxecto recibiu o visto e prace de múltiples órganos consultivos, como o Consello Fiscal e o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), no que só dous vogais votaron en contra.

Precisamente, a Comisión Asesora para as Reformas Lexislativas do Consello fixo público este venres que "non" comparte as opinións dos que critican o Anteproxecto argumentando un infundado prexuízo para os dereitos dos cidadáns".

Ao seu xuízo, "a norma nos termos propostos no informe emitido polo CGPJ contribuirá decisivamente a unha verdadeira tutela xudicial dos dereitos dos cidadáns, ao fomentar que cheguen ao Supremo aqueles asuntos sobre os que non exista doutrina reiterada".

 

Fonte: Público

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript