07/03/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
No Consello de Goberno do día 25 de febreiro (venres), a Universidade dí non ter coñecemento oficial da intención da Xunta de privatizar a xestión da residencia universitaria.
O día 2 de marzo (mércores da
semana seguinte) os medios de comunicación sinalan
que, Tras expropiar os terreos son dúas as únicas
alternativas posibles que o departamento de Agustín
Hernández lle ofrece á Universidade dá Coruña
(UDC): "un contrato de concesión de obra pública ou
a execución do proxecto xa existente no momento en
que as dispoñibilidades orzamentarias da Xunta de
Galicia o permitan". Así o recoñece o propio
Goberno autónomo en resposta parlamentaria a unha
pregunta do grupo nacionalista.
O vicereitor demanda, a través deses medios,
que, se a Xunta non ten vontade ou non se sente
capaz", de levar adiante unha residencia pública,
"clave para o desenvolvemento da rexión urbana máis
dinámica" de Galicia e "con prezos públicos", que a
UDC está disposta a asumir esa carga con tal de que
se materialice o proxecto. "A Universidade buscará
o financiamento público para levala adiante",
indica, "iso será un tema noso".
Pensamos que as alternativas hai que discutilas e
decidilas nos órganos de goberno da institución,
non improvisalas a través dos medios de
comunicación.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript