A nova situación normativa,
despois da reforma laboral, xera
unha sociedade cada vez máis dual e polarizada
entre clases poderosas e clases populares, ricas e
pobre. Pero, mesmo entre a xente menos favorecida
sempre haberá colectivos que por encontrarse entre
aqueles que están tradicionalmente marxinados,
estarán nunha situación máis vulnerable ante a
recesión e a crise económica. Entre estes
colectivos encontrámonos as mulleres, que vemos
como se incrementan as dificultades para o acceso e
o permanencia no mercado laboral.
As mulleres fomos as primeiras afectadas polas
reformas estruturais do mercado de traballo. As
medidas formuladas aumentaron, aínda máis, a
segregación social.
Situación das mulleres no mercado de traballo
O alcance das medidas da reforma son demoledoras:
1. Incrementou, aínda máis, o nivel de
paro feminino
2. Diminuíu a cobertura por desemprego.
3. Incrementou os xa altos niveis de pobreza.-
Prodúcese unha "feminización da pobreza": as
mulleres son máis numerosas que os home á hora
de ocupar postos de traballo a tempo parcial,
en lugares pouco atractivos e especialmente
vulnerables á crise económica. Ademais, as
estruturas das familias rexistran un aumentos
de familias monoparentais que, en máis do 90%
dos casos, teñen unha muller como cabeza de
familia. A taxa de pobreza é superior á media
cando a cabeza de familia é do sexo feminino.
4. Incrementouse, tamén, o xa alto nivel de
temporalidade
5. Os contratos a tempo parcial, aumentan
fundamentalmente para as mulleres.
6. Elevada participación feminina na economía
somerxida.
7. Salarios inferiores á media percibida polos
homes. Segundo diversos estudos, a
discriminación global do salario medio do
conxunto das mulleres galegas está ao redor de
25-30 punto por debaixo do dos homes.
Análise da reforma: o traballo
a tempo parcial.
Pódese afirmar que as mulleres están
maioritariamente presentes no que chamamos
mercado de traballo secundario ou periférico
con contratos temporais, traballando en
pequenas empresas onde se constata a
fraxilidade e precariedade das condicións de
traballo.
Os altos niveis de precariedade e
discriminación na relación laboral
multiplicáronse coa introdución de medidas
tales como as relativas a incidir nunha maior
desprotección durante a relación laboral.
Aínda que non se formule explicitamente, é un
tipo de contrato que afecta especialmente á
mulleres. O traballo a tempo parcial, que ocupa
un destacado lugar entre outras medidas das
políticas neoliberais de flexibilización
laboral, segue unha lóxica infernal. Un
contrato a tempo parcial non crea un posto de
traballo, senón que vén a substituír, en xeral,
a un posto de traballo estable e a tempo
completo. Esta tendencia é aínda máis clara en
momentos como o actual, marcados pola recesión
económica e a destrución de postos de traballo.
O crecemento do traballo a tempo parcial non
significou a incorporación das mulleres a novos
ámbitos, máis ben, ao contrario, intensificou a
segregación do emprego feminino en determinados
sectores.
O traballo a tempo parcial tal e como é
practicado nalgúns sectores, como o do comercio
ou o da limpeza, está moi lonxe de facer
posible unha mellor combinación da vida
profesional coa familiar. No caso de traballos
a tempo parcial son moito máis frecuentes os
horarios irregulares e variables dun día para
outro e o traballo de fin de semana e nocturno,
que nos contratos de xornada completa.
O desenvolvemento do traballo a tempo parcial,
xa sexa este o resultado da vontade ou da
imposición, ten uns efectos que son moi
negativos para as condicións de traballo, os
salarios, a cualificaciones, as prestacións de
xubilación e desemprego, e para a traxectoria
profesional e persoal da muller.
Queremos cuestionar o modelo produtivista e
consumista e elaborar alternativas sociais e de
relacións interpersoais diferentes ás actuais,
máis solidarias, máis igualitaria, con tempo
para a afectividade e o coidado das persoas,
por parte de mulleres e de homes, con tempo
para o desenvolvemento persoal, para o traballo
colectivo. Poder elixir o propio tempo e non
vivir só para traballar. As mulleres -máis que
ninguén- queremos traballar menos horas, claro
que si. Tanto no traballo asalariado coma no
doméstico. Pero iso debe ser sobre bases moi
diferentes ás da precariedade, o rápido aumento
da miseria e a segregación social.
Entre os colectivos tradicionalmente máis
marxinados, e que se atopan nunha situación
máis vulnerable ante a recesión e a crise
económica.encontrámonos as mulleres, que vemos
como se incrementan as dificultades para o
acceso e o permanencia no mercado laboral.
Non transiximos coa situación, non a
aceptamos, revelámonos e combatémola. Estamos e
estaremos na primeira liña de combate contra
unha situación que nos afoga na precariedade
máis absoluta.