Número 73 - 7 de marzo 2011
 
 
UNIVERSIDADE

    Os días 28 de febreiro e 1 de marzo fixemos, en Ferrol e Coruña, asembleas nas que se manifestou o sentimento de marxinación que padece o colectivo, e que traballadores/as padecen de xeito cotiá.

    O Colectivo ten a absoluta certeza de que a Universidade xoga sucio con todos os acordos acadados, asinados e reflectidos tanto nos Estatutos da Universidade como nos Convenios Colectivos.

    Levamos seis anos sen que se cumpran os compromisos adquiridos,  non podemos esperar máis.

UNIVERSIDADE

    Os sindicatos tradicionais fracasaron. Durante 4 anos os traballadores/as funcionarios/as da Universidade da Coruña, fomos uns meros espectadores do que acontecía na Xunta de Persoal.

    Chegou o momento de cambiar as formas, os hábitos e comportamentos, a hora de que o PAS decida está a piques chegar. Depende do todas/os.

    HAI ALTERNATIVA!

10 DE MARZO

    Achégase de novo o día da clase obreira galega, achégase o 10 de marzo, o día no que os galegos e as galegas facemos memoria significada da nosa conciencia de clase e da nosa conciencia de pobo asoballado, polo capital e polo estado español. Facemos memoria de Daniel e Amador.
    A CUT convócavos ás concentracións que terán lugar o 10 de marzo nas comarcas de Vigo (non mercado do Calvario ás 20 horas) e tamén en Compostela, da que daremos nota oportuna.

ECONOMÍA

    Hai meses que se presenta ás caixas de aforros como os entes financeiros cuxos problemas son máis difíciles de resolver porque, din, a peculiar composición da súa propiedade e a politización e falta de profesionalización dos seus órganos xestores fan moito máis arduo reunir os fondos necesarios para resolvelos. Pero a súa delicada situación lastra a avaliación dos mercados do sistema financeiro do estado español, polo que se formula a súa reestruturación e recapitalización.

GALEGO

    A asociación constata tamén que se seguen deturpando nomes tradicionais da xeografía coruñesa “como nos mellores tempos do franquismo”

    “Tan ilegal é empregar La Coruña como Las Jubias ou La Zapateira”

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    No Consello de Goberno do día 25 de febreiro (venres), a Universidade dí non ter coñecemento oficial da intención da Xunta de privatizar a xestión da residencia universitaria.

    Parece que o día 1 de marzo (martes da semana seguinte) a situación cambiara radicalmente.
 8 DE MARZO
    Neste 8 de marzo pouco temos que celebrar xa que neste último ano sufrimos as maiores agresións contra os dereitos da clase traballadora, e en particular contra as mulleres, dos últimos 30 anos. Recortes nas pensións, nos salarios, abaratamento do despido e un longo etcétera que de certo está lonxe de rematar.

 POLÍTICA
    O Consello de Ministros aprobou o proxecto de Lei de Axilización Procesual, que eleva a contía para recorrer por esta vía ao Tribunal Supremo, na xurisdición Civil e do Contencioso-Adminitrativo, de 150.000 a 800.000 euros, o que reducirá drasticamente o número de recursos de casación que estudará o alto tribunal.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Vindeiras actuacións do Comité

ASEMBLEAS:

Despois das asembleas.
O día 9 ás 10:00, reunión do Comité de Empresa

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript