Agosto de 2010
 
 

07/02/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


O paro a única solución
A estas alturas a situación só ten dúas saídas. Unha a de que todo fique como está, deteriorándose a situación do colectivo cada día un pouco máis. Outra demostrando colectivamente o noso desacordo co deterioro ao que se fixo chegar as cousas. Ao PAS laboral débenselle indo polo libro (Convenio Colectivo) 3 RPT´s, as promocións e, segundo o programa electoral do reitor rematar coa precariedade (ETT’s e contratos ilexítimos). Tamén se nos adebeda a profesionalización . Non nos deixaron máis remedio que actuar, non abriron nin unha portiña por onde saír dignamente. Que agardamos?. Se non é agora, cando?

 

O colectivo.
Somos un colectivo, o PAS laboral, pouco acostumado ás negociacións complexas e pouco acostumado ás medidas de presión. Os traballadores/as organizámonos a nivel de empresa a través dos comités, estes represéntannos diante da empresa, universidade neste caso, e trasladan os desexos, esperanzas anhelos dos traballadores aos que representan pero, aí está o problema, quen ten a potestade de dar, outorgar é o empresario, neste caso a universidade, cando as relacións se tensan, (as reclamacións laborais non se satisfacen) os mecanismos que se ofrecen para canalizar o descontento van desde a protesta até a convocatoria de folga. Ao persoal laboral non nos deixaron outra opción que exercer o dereito á protesta, a convocatoria de paro paréceme o menos que se pode facer dadas as circunstancias.

 

O paro, unha obriga.
Non formo parte do persoal de conserxería, dos que agardan pola promoción desde fai seis anos, eu formo parte dos que, a finais de 2003 votei ao sr. Barja porque crin no se programa, pensei que, coa chegada deste home á Reitoría, cambiaría todo, desde a baldosa até o tellado, que se lle daría unha volta á tortilla. Pensei que se ía rematar cos docentes en postos de PAS, os primeiros pasos parecía que ían cumprir, foi un espellismo, este reitor está tan preso do seu entorno, do que lle permite estar no posto onde está, que continúa polos mesmos camiños que o anterior. Nos cambios radicais, está comprobado, o que non se fai ao comezo acaba por non facerse, ó da profesionalización sucedeulle iso, con este reitor non o conseguiremos nunca. Non nos queda máis remedio que facerlle ver o noso descontento.


A moqueta abduce?
Parece unha enfermidade, votamos con todas as nosas forzas alternativas de esquerda que, co decorrer do tempo, vannos decepcionando. É algo que se presta a un bo proxecto de investigación. Pasou na Xunta, pasa no Concello, a min polo menos parécemo, e pasa na nosa universidade. Na UDC fíxose un cambio cosmético, levouse á universidade a facerlle un lifting pero non se lle operou da prepotencia, do absolutismo, do amiguismo, do trato diferenciado…  Cambiaron a identidade corporativa cando o que tocaba era acabar co corporativismo. Agora, nesa paranoica idea de que “ o que non está comigo está contra min” tócanos ao PAS laboral sufrir as consecuencias de rexeitar unha RPT a todas luces insuficiente. Como se nos ocorre!



 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript