marzo de 2011
 
 

07/03/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

As asembleas marcaron o camiño

Os días 28 de febreiro e 1 de marzo fixemos, en Ferrol e Coruña, asembleas nas que se manifestou o sentimento de marxinación que padece o colectivo, e que traballadores/as padecen de xeito cotiá.

 

  • Noticias relacionadas

 

  • Despois de incumprimentos reiterados na elaboración da RPT, lembramos que o Convenio Colectivo establece:

    “De acordo co previsto no artigo 91.3 dos Estatutos da UDC, cada dous anos, e potestativamente cada ano, revisarase e aprobarase a RPT do persoal laboral que será establecida por proposta da Xerencia, logo da negociación co Comité de Empresa.”

    A última RPT de PAS laboral é de 2005. O incumprimento é flagrante.
  • Os incumprimentos continúan facendo que boa parte do colectivo agarde, desde o ano 2006, a acordada promoción e desaparición do grupo IV B, estas circunstancias contemplábanse xa no II Convenio Colectivo, reflectíndose, de novo, no III Convenio e, de continuar do mesmo xeito, seguiranse a contemplar, sen executarse en sucesivos convenios.
  • As convocatorias de concurso-oposición derivados da Oferta de Emprego do ano 2005 saen a contagotas e sen ningunha previsión de que, nun prazo prudencial, poidan estar rematados. Isto orixina, na maior parte do colectivo, incerteza e desorientación, a Universidade ten que poñer fin a esta situación procurando que estes períodos se acurten substancialmente impoñendo a racionalidade tanto nas convocatorias como na súa tramitación e execución.

 

Dito todo isto o Colectivo ten a absoluta certeza de que a Universidade xoga sucio con todos os acordos acadados, asinados e reflectidos tanto nos Estatutos da Universidade como nos Convenios Colectivos.

Xunto con isto no PAS laboral non se pode falar de profesionalización da xestión. A práctica totalidade dos servizos está infiltrada polos denominados “fontaneiros”, PDI exercendo as labores de xefatura que corresponderían a persoal laboral da institución.

A situación de irracionalidade (interesada e ilegal) na contratación leva consigo, tamén, que exista unha importante bolsa de persoal contratado mediante convenios (algún deles leva moitos anos nesa situación). Contratos tipo “labora”, cando non ETT e bolseiros que veñen realizando traballos estruturais e propios do colectivo laboral. O subemprego e a precariedade forman unha parte importantísima do devir cotián do noso colectivo. Esta situación vímola denunciando desde fai tempo e para  solventala só hai un camiño, a RPT.

Todo o anterior evidencia a clara marxinación e discriminación que, durante anos está sufrindo o PAS Laboral (xa ven de vello. Con este goberno, que ía solucionalo, 7).

Mesmo agora, cando a Universidade opta pola contención no gasto sentímolo, dun xeito especialmente discriminatorio no noso colectivo, mentres que os nosos compañeiros/as funcionarios/as están en proceso de promoción, mentres que o PDI laboral acaba de asinar un convenio colectivo que os leva a desistir da demanda sobre o desconto do 5% imposto polo goberno, o PAS laboral segue agardando por unha RPT e unhas  promocións que se lle adebedan desde fai case 6 anos.

O PAS Laboral decidiu nas asembleas realizadas que non vai agardar máis para facer patente o seu rexeitamento da situación e reclamar dos que gobernan a universidade que cumpran o que pactaron, nin máis nin menos que o que se reflicte no Convenio e nos Estatutos. Non podemos pasar por menos. O día 25 de marzo demostrarémolo.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript