28/02/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O Comité para a Eliminación da Discriminación Racial da ONU denunciou ao Estado Español pola detención de inmigrantes segundo perfís racistas utilizados pola policía, nunha audiencia celebrada este mércores en Xenebra.
"A policía manéxase con circulares racistas para deter inmigrantes
indocumentados e sindicatos de policía revelaron que deben cumprir con
certa cantidade de detencións", indicou o guatemalteco José Francisco
Cali Tzay, relator deste Comité para España.
"En 2009, máis de 16.500 emigrantes foron
internados en nove centros de retención, a metade
foron expulsadas logo do país e o resto saíu en
liberdade. Iso demostra que non se xustifica a
política de detención administrativa sistemática",
afirmou Cali Tzay, un dos 18 expertos deste Comité,
encargado de vixiar o cumprimento da Convención na
materia.
A denuncia de malos tratos neses centros de
retención levou o experto francés Régis de Gouttes
a solicitar explicacións a España pola súa
negativa, manifestada publicamente en maio de
"Os emigrantes adoitan ser considerados chibos
expiatorios na presente crise económica, desígnanos
responsables da falta de emprego, unha propaganda
xenófoba, e iso lese na prensa. Habería actualmente
en España un millón de indocumentados, que vai
facer con eles o Goberno? vainos legalizar? ",
rematou preguntando Cali Tzay.
A delegación española, que someteu este mércores un
informe sobre a loita contra o racismo no país,
poderá responder o xoves aos interrogantes
formulados por este Comité.
Nun parágrafo dese informe, España refírese á
aparición dun "novo racismo", non xa baseado na
superioridade "biolóxica", senón en "a
incompatibilidade de certas especificidades
culturais, nacionais, relixiosas, étnicas ou outras
(...) a superioridade dunhas culturas sobre outras
(...) a ameaza (contra) o modo de vida occidental".
" Iso quere dicir que a un catalán vano discriminar
en Madrid? ", preguntou o experto romanés Ión
Diaconu. O experto colombiano Pastor Murillo
Martínez pediu contas a España sobre a composición
da súa poboación carceraria, que mostraría índices
racistas.
O experto brasileiro José Augusto Lindgren confesou
que, para ir á audiencia de Xenebra, desbotou facer
escala no aeroporto de Madrid-Barallas, ao que
acusou de ser "o maior deportador de brasileiros do
mundo"
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript