Número 72 - 28 febreiro 2011
 
 
UNIVERSIDADE

    O PAS laboral non pode esperar máis. Fai oito meses que fixemos as asembleas nas que se rexeitou a proposta de RPT, desde aquela largas e máis largas, tócanos mover ficha.

    Temos moito en xogo, promocións, creación de novos postos de traballo…, están en xogo.

    Levamos seis anos sen que se cumpran os compromisos adquiridos en convenio colectivo, non podemos esperar máis.

UNIVERSIDADE

    O equipo de goberno, nun arranque máis de espíritu democrático prohibe a difusión a través da lista de PAS das ordes do día das reunións do Consello de goberno.
    Este feito impide á comunidade realizar unha verdadeira participación nas discusións e toma de decións do órgano.

    Viva a transparencia e a democracia!

UNIVERSIDADE

    Páxina web institucional, aplicación para anotarse ao recoñecemento médico…
    A pesar de ter uns servizos informáticos capaces, e se, por falta de efectivos non o son,a universidade mediante a RPT debe paliar este defecto, a universidade da Coruña privatiza, unha vez máis, o desenvolvemento doutra aplicación informática.
    Sospeitamos que, para a realización dalgunha destas aplicacións estas empresas teñen acceso a información “sensible” (descoñecemos se esta está neste caso).
    Agora esta empresa, polo que nos dixeron, anda a ofertar o seu porducto a todas as facultades sin posible competencia. Sen concursos públicos? sen...

REGANOXO

    En plena crise do Magreb, cos prezos dos combustibles subindo ata as cotas máis altas dos últimos tempos; cun alto risco de desabastecemento que leva ao goberno a aprobar un plan de aforro enerxético , prodúcense na planta de Reganosa unhas sospeitosas manobras co gas natural. Reganosa baleira os seus tanques por baixo do mínimo técnico de seguridade, quedando con 38.000m3 cando o mínimo técnico son 50000m3.

DEREITOS HUMANOS

    O Comité para a Eliminación da Discriminación Racial da ONU denunciou ao Estado Español pola detención de inmigrantes segundo perfís racistas utilizados pola policía, nunha audiencia celebrada este mércores en Xenebra.
    "A policía manéxase con circulares racistas para deter inmigrantes indocumentados e sindicatos de policía revelaron que deben cumprir con certa cantidade de detencións", indicou o guatemalteco José Francisco Cali Tzay, relator deste Comité para España.

IDIOMA

    En 1999, a UNESCO declarou o 21 de febreiro Día Internacional da Lingua Materna. O obxectivo desta celebración é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo e, en especial, as das minorías, por seren as que se encontran nunha situación máis difícil.

DEBATE

    O número 45 de Pueblos - Revista de Información e Debate está dedicado á análise do impacto dos conflitos nos dereitos humanos. Tras un editorial sobre a loita do Sahara, divídese en tres grandes bloques que abordan diferentes aspectos dos conflitos en Colombia, Palestina e República Democrática do Congo. Este número finaliza con dous artigos sobre cooperación e educación para o desenvolvemento, así como un listado de recursos onde ampliar coñecementos.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    A deriva do equipo de goberno abarca todos ou practicamente todos os seus ámbitos de actuación
    O último o de prohibir a difusión dos puntos da orde do día dos Consellos de Goberno é unha proba máis, o control da información o seu filtrado e que chegue só aos axentes “apropiados” foi sempre un exemplo de comportamento antidemocrático, e de ditadura.

 UNIVERSIDADE
    O pasado día 17 tivo lugar a vista do Conflito Colectivo. Nese acto retiraron a demanda que polo PDI laboral, e polo mesmo motivo, interpuxera contra as universidades públicas galegas (é moi posible que a sinatura do convenio colectivo dalgún xeito os compense). Hoxe, o Comité de Empresa, presentará a súa demanda

 EMPREGO PÚBLICO
    Co obxectivo de rebaixar o gasto público, o Goberno decidiu manter os criterios marcados no plan de austeridade e contención do gasto que aprobou hai doce meses. O Consello de Ministros aprobou este venres que se limite a reposición de efectivos da administración ao 10%, é dicir, nove de cada dez baixas laborais de empregados públicos non serán cubertas no 2011.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

  PARO
    Os gobernos teñen unha receita moi simple, cando a realidade non lles favorece ou é prexudicial para os seus intereses, maquíllase, por exemplo faise uso habitual desta máxima coas listas de espera no Sergas. O presidente do goberno autonómico fixo, unha vez máis, uso deste método para ocultar a realidade. Se as listas do paro non deixan de medrar o que se fai que é?, pois claro, maquillalas, mentir, ocultar.

     

  8 DE MARZO
    Os momentos de crise económica historicamente serviron para reforzar o patriarcado. Os recortes sociais, económicos e nos dereitos laborais sempre van acompañados dos recortes nos dereitos das mulleres e paralelamente dos ideais de xustiza e igualdade.

    

Vindeiras actuacións do Comité

ASEMBLEAS:

O día 28 ás 17:30 de febreiro asemblea en Ferrol
O día 1 de marzo ás 17:30 asemblea na Coruña

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript